Tabelión
Enviado por ovejitas91 • 28 de Diciembre de 2011 • Tesis • 305 Palabras (2 Páginas) • 402 Visitas
Tabelión
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ir a: navegación, procura
O tabelión era unha figura da administración da Roma imperial antecedente dos notarios actuais que coexistía con outras de funcións similares:
O Scriba, era un depositario ou custodio de documentos e o pretor utilizaba os seus servizos para a redacción dos decretos e as resolucións. Tiñan un soldo e eran hospedados polo estado; debían ser libres, non escravos e gozaban dun lugar preferente nos espectáculos públicos.
O Notarii "daba fe", era un especialista en pór por escrito con celeridade valéndose de signos e abreviaturas; redactaban conversacións, actos e o que declaraba outra persoa. Durante a República apareceron métodos de taquigrafía chamados notae e aos que os utilizaban chamábaselles notarii.
O Tabularii era o oficial encargado de facer a lista de impostos. Entre os romanos tiña carácter de funcionario publico, recibía as declaracións de nacemento e todo o referente co estado civil das persoas.
O Tabelion redactaba actas xurídicas e convenios entre partes, era o individuo técnico en aspectos de dereito e todo o referente co estado civil das persoas, que redactaba documentos relacionados coa actividade privada e que nalgúns casos ofrecía o seu asesoramento xurídico redactando escritos e documentos.
Coa queda do imperio romano a maioría das figuras referidas no artigo van esmorecendo e só resta o tabelion que converxe cos tabularii, aínda que con pouca presenza, até o renacemento da figura no século XII co avanzo da economía e o dereito. Esta confluencia atribúese a unha confusión intencionado do insigne xurista Accursio nas súas glosas e axiña outros xuristas comezaron a utilizar ambas formas como sinónimas.
O uso da palabra notario aplicábase nesa época fundamentalmente aos notarios da igrexa que evidentemente eran moito mais comúns que os outros, polo que o nome pasou xa no século XIII a designar aos escribáns.
O termo utilizase aínda hoxe no Brasil como sinónimo de notario.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Tabeli%C3%B3n
...