ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Tarea para exco


Enviado por   •  18 de Octubre de 2015  •  Tarea  •  655 Palabras (3 Páginas)  •  332 Visitas

Página 1 de 3

PROGRAMACIÓN DO MÓDULO DE

EXPRESIÓN E COMUNICACIÓN 2014-2015

  1. UNIDADES DE TRABALLO:

UT0: Consideracións previas necesarias para o módulo.

UT1: Expresión e comunicación.

UT2: A linguaxe oral.

UT3: Literatura infantil. Linguaxe xestual e corporal.

UT4: A Linguaxe plástico e icónico.

UT 5:. A linguaxe Lóxico - matemático

UT 6:. A linguaxe rítmico - musical

UT 7: Os valores, A atención á diversidade e as novas tecnoloxías. A globalización da expresión.

2. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN DE EXPRESIÓN E COMUNICACIÒN

Son os seguintes:

As cualificacións realizaranse unidade a unidade, inda que a cualificacións oficiais constarán trimestralmente.

Será motivo de cualificación todo o que se traballe na plataforma (foros, vídeos...) e non soamente os apuntes teóricos.

A cualificación acadada en cada avaliación calcularase sumando a nota resultante das distintas probas, traballos, resolución de casos, etc. tendo en conta a obrigatoriedade de ter superados todos os mínimos esixibles para poder obter unha cualificación positiva.

Pero terase en consideración a seguintes premisas:

  • Para obter unha cualificación positiva en cada unidade, o alumno ten que ter superados todos os mínimos esixibles. Non se fará media entre os resultados suspensos e as aprobados.
  • Para aprobar o trimestre é imprescindible ter cada unha das unidades aprobadas. Non se fará media entre as unidades suspensas e as aprobadas.
  • Para aprobar o módulo é imprescindible ter cada unha das avaliacións parciais aprobadas. Non se fará media entre as avaliacións suspensas e as aprobadas.
  • A nota da terceira avaliación e a final do módulo será a resultante da media das avaliacións parciais e valorarase positivamente a evolución ascendente do alumno/a, no redondeo ao número enteiro correspondente que figura nas actas de avaliación.
  • En todas as actividades, traballos e realización de probas terase en conta ítems de cualificación, que modificarán a nota do traballo, actividade ou proba, resultantes da propia natureza do ciclo e do módulo, como poden ser: presentación, faltas de ortografía, responsabilidade e profesionalidade, respecto por as persoas que nos rodean na plataforma, ... Estes ítems teranse en conta sempre como medidas de aprendizaxe e nunca como medidas sancionadoras. Os traballos que o profesor non considere orixinais poderán ser rexeitados e non avaliados.
  • As datas e hora de entrega das actividades, traballos e realización de probas serán negociadas co alumnado pero unha vez fixadas serán inamovibles, salvo casos debidamente xustificados, ca presentación dun xustificante oficial. A non entrega en fecha e hora contará cun no presentado para o alumno/a, ca debida repercusión na súa nota final.  
  • Todo documento de avaliación unha vez corrixido e revisado polo alumno/a, será custodiado pola profesora ata rematado o prazo de reclamacións da avaliación final do módulo, salvo aqueles traballos que por razóns de espazo non poidan estar en posesión do profesor. en este caso a profesora terá na súa custodia material fotográfico ou audiovisual que xustifiquen o traballo do alumno e a súa nota. Especificarase o prazo de devolución de traballos e si unha vez superado dito prazo o/a alumno/a non o recolle o/a profesor/a entenderá que renuncia a eles.
  • Na finalización de cada trimestre o alumnado levará a cabo un proceso de autoavaliación e de coavaliación co profesor.

  1. 3. PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN.

No caso de que algún alumno non obteña unha cualificación positiva nas avaliacións parciais nas tarefas das diferentes unidades, poderá realizar as actividades de recuperación que estableza o profesor de forma individualizada, unha vez rematado o trimestre (sempre despois das vacacións) ou en xuño.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (5 Kb) pdf (119 Kb) docx (45 Kb)
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com