Topografia
Enviado por JACTUNEL • 9 de Noviembre de 2013 • 5.709 Palabras (23 Páginas) • 239 Visitas
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.
TEMA 1.1. Fundamentos da Topografía.
SUMARIO
1.1. Topografía. Definición. Medicións para a representación gráfica de puntos e para o cálculo de superficies.
1.2. Clasificación dos ángulos. 1.3. Esquema de aplicacións ó campo profesional.
1.3. Unidades de medida usadas en Topografía 1.4. Fórmulas importantes a recordar.
Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría.
Topografía de Obra. EC Profesor: José Antonio Pardiñas García.
TEMA 1.1. Fundamentos da Topografía - 1
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.
Con este Tema de Introducción o que se pretende é establecer unha dinámica de relación aprendizaxe / utilidade para provocar, dalgún xeito, a necesidade de saber, seguindo o esquema do Curso, que consiste en determinar: a) Que traballos se poden facer coa Topografía. b) Con que se fan (Descrición e manexo de aparatos). c) Como se fan (Explicación da Metodoloxía a seguir).
1.1 TOPOGRAFÍA:
1.1.1. Definición.
A palabra Topografía, composta de dúas palabras gregas,- topos = lugar e graphos = escribir- é a Ciencia que se ocupa da medida e representación gráfica dunha porción de terra limitada en extensión para que se poda considerar plana sin erros apreciables. Máis ampliamente, a Topografía estudia a Metodoloxía para a toma de datos en campo, os instrumentos e o seu manexo, e o conxunto de principios e procedementos para representar graficamente, con formas e detalles, naturais e/ou artificiais, unha parte da superficie terrestre, dabondo pequena, para que se poida considerar substituída polo plano tanxente á mesma no seu centro, sen erro apreciable. A Topografía considera a Terra plana, para determinacións planimétricas (forma, posición e dimensións), nuha extensión aproximadamente igual á dun triángulo xeodésico de terceiro orden. Un triángulo deste tipo ten uns lados cunha lonxitude entre 10 e 15 Km. O obxecto da topografía é establecer os COÑECEMENTOS, fixa-los MÉTODOS e ensina-la PRÁCTICA para conseguir a representación de determinadas zonas de terreo, con tódolos seus detalles. Os obxectivos da Topografía son moi variados e podemos esquematizar as partes que compoñen a súa docencia nos seguintes apartados:
• Coñecementos xeráis da materia. • Metodoloxía ou coñecemento científico dos procedementos de medición ou toma de datos
de campo. • Instrumentación: descripción e procedementos de uso dos aparatos para as medicións de
campo. • Metodoloxía ou coñecemento científico dos procedementos de cálculo, para a xestión dos
datos de campo e a xeneración dos resultados. • Sistemas de representación gráfica e interpretación para a elaboración da Cartografía.
Metodoloxía para os replanteos e as aplicacións. Este concepto clásico e parcial da Topografía foi perdendo parte da súa vixencia, co
Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Topografía de Obra. EC. Profesor: José Antonio Pardiñas García.
TEMA 1.1. Fundamentos da Topografía - 2
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.
desenvolvemento de outras Técnicas coma a Fotogrametría, que permiten obter unha información moi precisa sobre grandes extensións, á vez que introduce unha documentación informativa complementaria, a través da imaxen, que posibilita a realización de cartografía temática máis rica que a que pode acadarse cun levantamento topográfico. Pero a aparición de instrumentos electrónicos como a Estación Total, que facilita enormemente a utilización de aplicacións informáticas e que introduce unha precisión nos traballos topográficos que, ata a súa aparición, na década dos oitenta, só estaba reservada ás técnicas da Xeodesia, devolven un papel trascental á Topografía, para tódalas medicións de detalle, para Cartografía de escala grande e, sobre todo para a execución de proxectos por medio do replanteo. Ademáis, cada vez existen máis programas informáticos de cálculo topográfico que realizan cálculos e axustes de gran precisión e dispoñen de potentes editores gráficos ou están asociados con programas de DAO, que permiten a elaboración de Cartografía a escalas grandes, axeitada para estudios de detalle, proxectos e preparación de replanteos. Ó longo dun Proxecto de Enxeñería a Topografía está presente de comenzo a fin. Vexamos, en Proxectos de Vías, Obra Civil, Concentración Parcelaria, Ordenación do Territorio, vemos a Topografía para:
• Cartografía de detalle a escalas grandes. • Cálculos e medicións de proxecto. • Replanteos. • Seguimento e execución da obra. • Control de calidade.
A necesidade da Topografía ven marcada polos diversos fins que persigue a actividade humana, en tódolos seus campos, tanto públicos , como privados, militares ou civís. En esquema, podemos ver as principais aplicacións:
DEFENSA MILITAR. Servicio Xeográfico do Exército. MAPA NACIONAL. Instituto Xeográfico Nacional. CATASTRO. Fotogrametría. Parcelación. CONSTRUCCIÓNS PÚBLICAS. Estradas. Aeroportos. Embalses. CONCENTRACIÓN PARCELARIA. EXPLOTACIÓNS MINEIRAS. EXPROPIACIÓNS. Deslindes, etc...
Área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría.
Topografía de Obra. EC Profesor: José Antonio Pardiñas García.
TEMA 1.1. Fundamentos da Topografía - 3
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO. ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO.
1.1.2. Medicións a realizar para os traballos de campo.
Para coñecer a posición dun punto que pretendemos representar gráficamente nun plano, temos que considerar dous aspectos:
a) Posición no plano sobre o que se proxecta a zona a representar. b) Altura con respecto a un plano de referencia.(COTA). A posición no plano, establécese por medio de coordenadas cartesianas. Cos aparatos medimos directa ou indirectamente os datos para as coordenadas polares (ángulos e distancias).
Aplicando a teoría de vectores: Sexa un punto de coordenadas cartesianas A(x,y). O vector OA, de posición dese punto, ten as seguintes coordenadas polares:
Vector OA=(r) Módulo OA= r=2 12 1yx
Así, pois, se os valores de partida son as coordenadas polares r e o calculo de coordenadas
cartesianas a partir delas faise aplicando as seguintes fórmulas
...