ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Fundamentos da Economía


Enviado por   •  23 de Diciembre de 2019  •  Apuntes  •  12.832 Palabras (52 Páginas)  •  160 Visitas

Página 1 de 52

ECONOMÍA

  1. CONCEPTOS BÁSICOS DE ECONOMÍA

Tema 1. Definicións, indicadores e magnitudes básicas en Economía

  1. A ECONOMÍA E A EVOLUCIÓN DO PENSAMENTO ECONÓMICO

Tema 2. A economía Clásica

Tema 3. A economía Marxista

Tema 4. A economía Neoclásica

Tema 5. A economía Keynesiana

Tema 6. A economía Schumpeteriana

  1. A NOSA CONTORNA ECONÓMICA

Tema 7. A economia galega contemporánea: mudanzas estruturais e situación actual Tema 8. A situación económica na actualidade: consecuencias da crise na economía galega, española, europea e mundial.

  1. O SECTOR DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN NA

ECONOMÍA

Tema 9. A sociedade da información e as industrias culturais: aspectos básicos

Tema 10. O sector da información e a comunicación na economía galega e española

Tema 1: DEFINICIÓNS, INDICADORES E MAGNITUDES BÁSICAS EN ECONOMÍA.

A) CONCEPTO

A economía é a ciencia que estuda ás persoas e ás sociedades, centrada no comportamento individual e tendo en conta factores non só económicos (economía política), senón que tamén ten en conta elementos culturais (hábitos, costumes, etc.). Por iso, plánteouse o seu carácter científico:

PENSAMENTO CLÁSICO: que atende ao período comprendido entre finais do século XVIII e o século XIX, así como ás teorías recollidas en “Riqueza das nacións”, de Adam Smith. Enténdese a economía no período clásico como unha ciencia que estuda os factores que inciden no crecemento económico e na distribución da riqueza.

Desde o punto de vista marxista, a economía política é a ciencia que estuda as leis que rigen a producción, a distribución, circulación e o consumo dos bens materiais que satisfacen as necesidades humanas. O foco de interese é explicar a riqueza dos países e a distribución da riqueza entre as distintas clases sociais, en conxunto. Os bens materiais son desiguais aos servizos, que non eran importantes, non tenían valor nin atención

ENFOQUE NEOCLÁSICO: Establece a definición máis extendida atende ao período que comeza a finais do XIX e se estende ata a actualidade. Atende á definición estándar do que é a economía, que Robbins define como: ciencia que analiza o comportamento humano ante a relación entre uns fins determinados e uns medios escasos que teñen usos alternativos.

Enténdese este enfoque cos axentes económicos como suxeitos que esixen unha elección, que ao seu tempo se ve influída por un obxectivo, que é maximizar a utilidade e satisfacción ou beneficios, e unha restricción (medios escasos).

Illa de todo elemento social e cultural. A unidade de análise é o individuo ou axente individual (inclúese empresa). Esta definición levou ao economicismo ou imperialismo económico, é dicir, á imposición desta maneira de entender a economía sobre outras ciencias sociais. Polo tanto, a análise custo-beneficio é levado a outros campos.

B) INDICADORES PARA MEDIR O CRECEMENTO ECONÓMICO

O indicador máis común para medir a riqueza dos países e o Produto Interior Bruto (PIB). Mide o valor de mercado de todos os bens e servizos finais (destinados ao consumidor final) que se producen no interior dun país no período dun ano, sen importar a propiedade dos medios de produción. O PIB per cápita é o PIB do país dividido entre a poboación do mesmo, que xunto a este último indicador permite a comparación da riqueza entre países. Pola contra, o PNB recolle o valor dos axentes nacionais (ex.: non recolle a produción de Pescanova no estranxeiro). (Desde un punto de vista clásico a riqueza dun país depende da súa capacidade de producir.)

Considérase de maneira habitual que o PIB non  consegue medir o benestar ou riqueza dun país.

Desenvolvéronse outros indicadores críticos co anterior concepto. Un exemplo é o IDH (Índice de Desenvolvemento Humano) que ademais de considerar o PIB per cápita, incorporan aspectos sanitarios ou de saúde (esperanza de vida ao nacer) e de educación (anos medios de escolarización).

Pódese calcular o PIB dende distintas perspectivas: a da oferta, a da demanda e a das rendas. Dende a perspectiva da oferta fai referencia aos axentes que ofrecen productos ao mercado, calcúlase como a suma do valor engadido dos axentes produtores.

Dende a da demanda, atende á suma dos distintos compoñentes da demanda final (axentes que demandan productos do mercado) (consumo nos fogares, empresas que fan investimentos, administración pública), tendo en conta a demanda externa.

Dende a das rendas, calcúlase mediante a suma a renda do traballo (salarios) e a renda do capital (beneficios empresariais).  

O crecemento do PIB no período dun ano fai referencia á diferenza entre o valor económico dos bens producidos a 31 de decembro dese ano e o valor económico dos bens e servizos producidos a 31 de decembro do ano anterior. Débese ter en conta a variación de prezos que experimenta a economía nese ano. A avaliación do PIB xorde da diferenza entre o PIB final e o PIB inicial, dividida pola inicial, e multiplicado o conxunto por cen. APIB = [(PIBt1 – PIBt0) / PIBt0] x 100.

A variación interanual fai referencia a como evoluciona o PIB en relación á mesma data do ano anterior.

Crecemento económico vs. Desenvolvemento económico. O crecemento económico atende unicamente ao

PIB e o seu crecemento (afirmación que se ten cuestionado por aspectos en relación coa sustentabilidade (ex.: crecente tendencia á economía medioambiental e/ou circular: reciclaxe de materiais en tódolos sectores económicos) trala catástrofe do Prestige houbo que mobilizar unha grande cantidade de recursos económicos, polo que medrou o PIB); o desenvolvemento, pola contra, implica a mellora de outras moitas variables (educación, sanidade...), sendo un proceso máis de medio e longo prazo.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (80 Kb) pdf (606 Kb) docx (815 Kb)
Leer 51 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com