Estudo sobre o sector do envasado e distribución do leite en galicia dende o punto de vista da competencia
Enviado por anamari • 14 de Noviembre de 2011 • Monografía • 1.362 Palabras (6 Páginas) • 897 Visitas
ESTUDO SOBRE O SECTOR DO ENVASADO E DISTRIBUCIÓN DO LEITE EN GALICIA DENDE O PUNTO DE VISTA DA COMPETENCIA.
Pese a que o informe céntrase principalmente no sector lácteo galego ata o ano 2008, tamén aparecen moitas referencias ao sector lácteo español, debido que o sector galego inclúese dentro do anterior. En España a produción e elaboración de leite de consumo está regulada por unha serie de normas que establecen as condicións sanitarias aplicables a produción e comercialización do leite e dos produtos lácteos. Galicia aporta un 36% do leite producido en España, do que algo mais dun 60% é adicado a leite envasado, outro 10% a queixos e outros produtos e o resto é transformado fora de Galicia.
No 2008 o 5% dos produtores aportaron un 25% do leite e as catro primeiras empresas recolectoras de leite concentraron o 66% do leite recollido en Galicia. Destacar ademais, que o grado de concentración é aínda máis elevado na distribución onde os cinco primeiros grupos empresariais a nivel español controlan o 80% da distribución, reducíndose esta porcentaxe a catro empresas no territorio galego.
O sector lácteo galego caracterízase por unha tendencia ao aumento da concentración empresarial nos últimos anos, especialmente conforme ao produto achégase ao consumidor final:
Produtores: O número de produtores leiteiros diminuíu fortemente nos últimos anos, un 17% dende o comezo da aplicación da cota láctea. A produción tende a concentrarse en grandes explotacións, controlando tan só un 5% dos produtores un 25% da produción.
Empresas recolectoras de leite: A distribución por volume de recollida das seiscentas corenta e seis empresas que recollen leite en España está caracterizada por unha situación dual, sete empresas recollen máis de 300.000 toneladas e concentran a metade do total, mentres a gran maioría das restantes teñen un volume moi pequeno. Os tres grandes grupos de recollida de leite no territorio español son Capsa, Pascual e Puleva.
Transformadoras: O grupo de empresas transformadoras de leite está liderado por un grupo de cinco empresas que concentran o 40% da leite transformada.
O nivel de concentración aumentou nos últimos dez anos, cun reforzamento das empresas de escala media e unha gran diminución das pequenas empresas.
Envasadoras: En España hai unhas noventa industrias envasadoras de leite, nas cales o grado de concentración é moi elevado, posto que as dez que elaboran máis concentran o 82% do total. No ámbito galego as empresas adicadas a esta actividade teñen unha posición secundaria no mercado español tanto en volume como no posicionamento das súas marcas.
Distribución alimentaria: Hai un maior grado de concentración que na industria alimentaria, isto é debido á elevada dimensión acadada polos denominados grupos integrados de distribución, que desempeñan de modo conxunto as dúas actividades de comercio.
Na produción e na industrialización do sector leiteiro as barreiras de entrada ao mercado son moi variadas. Principalmente debemos ter en conta as cotas do leite pois existen unhas normas comúns de regulación do mercado do leite no ámbito da Unión Europea, que están incluídos dentro da Política Agraria Común (PAC). O mercado da UE permite o libre movemento dos produtos lácteos entre os Estados Membros e conta cun sistema de protección aduaneira común con respecto a terceiros Países, o que supón a súa vez unha nova barreira de entrada para o mercado de consumo. As cotas son establecidas para cada Estado Membro e a súa vez son asignadas aos produtores individuais. Estas cotas consisten nunha cantidade máxima de produción, que no caso de ser sobrepasada ten que pagarse unha sanción. No caso de España, as cotas impostas foron insuficientes para abastecer o mercado interno e foi necesario recorrer ás importacións. Isto supuxo a aparición dunha nova barreira de entrada xa que as condicións de compra son variables ao depender da situación deses mercados e sobre todo das súas industrias. Agora procederase progresivamente a eliminación de ditas cotas ata o 2015, o que suporá un aumento da produción e unha forte baixada dos prezos.
Outra barreira de entrada ao mercado leiteiro
...