Calendario No currículo da Educación Infantil os obxectivos de ámbito
Enviado por chiquivcm • 18 de Diciembre de 2017 • Tarea • 1.029 Palabras (5 Páginas) • 137 Visitas
Página 1 de 5
[pic 3]
- ÁMBITO PEDAGÓXICO
- ÁMBITO INSTITUCIONAL
- ÁMBITO ADMINISTRATIVO
- ÁMBITO HUMANO E DE CONVIVENCIA
3.1. ÁMBITO PEDAGÓXICO
No currículo da Educación Infantil os obxectivos de ámbito pedagóxico estrutúranse arredor das seguintes áreas de experiencia: Coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal, Coñecemento do entorno e Linguaxes: Comunicación e representación.
- Área de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
- Descubrir e acepta-las características persoais de cara á adquisición dunha autoimaxe positiva, á valoración persoal e ó progresivo desenvolvemento das propias capacidades.
- Posuír unha actitude de respecto de cara ás características e cualidades doutras persoas sen actitudes de discriminación en relación co sexo ou con calquera outro trazo diferenciador.
- Avanzar no dominio da motricidade xeral con implicacións rítmicas, tónicas e de equilibrio estático e dinámico que lle permitan unha conduta espacial autónoma, así como a execución de tarefas da vida cotiá e de actividades de xogo.
- Identifica-las propias posibilidades e limitacións, valoralas e actuar de acordo con elas.
- Afronta-las dificultades coa procura de solucións axeitadas, a partir da actividade natural e mediante o aproveitamento da súa propia espontaneidade e creatividade.
- Inicia-lo recoñecemento do seu propio espazo para non interferir nos movementos dos outros e co fin de organiza-los seus propios movementos para xogar e crear en grupos e en espazos compartidos.
- Progresar no desenvolvemento da motricidade fina e a coordinación visio- manual así como nas habilidades manipulativas para o manexo de obxectos, de tarefas relacionadas coas distintas formas de representación e a relación de actividades da vida cotiá.
- Adquirir actitudes e hábitos relacionados co benestar e coa seguridade persoais , a hixiene e o fortalecemento da saúde, así como a adquisición de hábitos de orde, constancia e organización referidos á realización de diversas tarefas.
- Promover unha educación preventiva e compensadora de desigualdades procurando, de forma especial, a atención aos máis desfavorecidos/as socialmente.
- Área de coñecemento do entorno
- Descubrir, coñecer e comprender paulatinamente o contorno físico e as entidades sociais onde se desenvolve a súa vida e progresar no desenvolvemento de actitudes positivas relacionadas coa curiosidade, respecto e conservación deste.
- Orientarse e actuar autonomamente nos espazos habituais e comprende-la organización do tempo e do espazo en relación ao marco das súas vivencias.
- Adquirir progresivamente hábitos de orde, limpeza, conservación e ornamentación dos espazos e materiais habitualmente manipulados polos nenos e nenas no ámbito escolar.
- Tomar conciencia dos perigos presentes no contorno habitual e amosar comportamentos prudentes fronte a situacións que revistan risco.
- Facer uso adecuado de xogos, instrumentos, ferramentas e pequenas máquinas.
- Participar de forma activa nos proxectos e actividades grupais e de forma fluída e segura en diálogos colectivos, respectando ordes de palabra, escoita e espera como elemento configurador de socialización.
- Aprender a comportarse solidariamente aceptando a diversidade, a partir da diferenciación de si mesmos con respecto ós demais.
- Área de linguaxes: comunicación e representación
- Incorporar progresivamente a palabra ao xogo da comunicación, expresando de forma oral sentimentos, desexos e ideas.
- Comprende-las mensaxes verbais dos outros nenos e nenas e dos adultos, valorando a linguaxe oral como medio de relación cos demais.
- Memorizar e describir de forma cada vez máis coherente as situacións vividas ou imaxinadas e recordar e relatar verbalmente feitos concretos relacionados coas propias experiencias.
- Asocia-lo xesto á palabra, tentando que haxa coherencia entre ámbalas dúas formas de expresión.
- Descubrir formas de representación non verbal e utilizalas para reforza-lo significado das súas emisións non orais.
- Evocar e representar a través do xogo simbólico situacións coñecidas ou imaxinadas e avanzar na diferenciación do mundo real e do mundo imaxinario.
- Utiliza-los distintos recursos que conforman o aspecto de código das linguaxes expresivas coa finalidade de aumenta-las propias posibilidades de expresión.
3.2. ÁMBITO INSTITUCIONAL
- Potenciar a coordinación e o traballo en equipo dos educadores/as có fin de asegurar a coherencia e complementariedade nas súas actuacións.
- Fomentar e facilitar a formación permanente do profesorado.
- Favorecer a participación na xestión e no control do Centro de todos os compoñentes da Comunidade Educativa.
- Establecer relacións con outros Centros Educativos da zona.
- Lograr que se cumpran, por parte de todos os educadores/as, os obxectivos expostos no P.E.C.
- Coordinación cos servizos sociais e educativos do municipio e de outras institucións.
3.3. ÁMBITO ADMINISTRATIVO
- Velar porque as institucións físicas, materiais e do centro respondan as necesidades dos nosos alumnos/as e se cumpran todas as condicións e requirimentos de seguridade, calidade e hixiene.
- Desenvolver instrumentos eficaces de recollida da información sobre os alumnos e alumnas.
- Organizar o expediente persoal do neno/a para axilizar as consultas sobre o mesmo.
- Facilitar á Comunidade Educativa o acceso á información sobre a normativa vixente relacionada coa xestión e organización do Centro.
- Informatizar as comunicacións administrativas.
- Xestionar e informar de actividades para a formación de todo o persoal do centro.
- Xestionar consensuadamente os recursos económicos do Centro.
- Organizar adecuadamente o tempo e os espazos para obter o máximo aproveitamento.
3.4. ÁMBITO HUMANO E DE CONVIVENCIA
- Implicar e mentalizar os pais - nais da necesidade de comunicación entre casa - escola para levar a cabo a tarefa educativa.
- Crear un ambiente axeitado para a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal, no cal os nenos/as poidan expresar libremente as súas ideas.
- Fomentar o respecto ás instalacións do Centro e do entorno.
- Estimular a idea de igualdade entre alumnos e alumnas, evitando calquera tipo de discriminación.
- Crear un ambiente de tolerancia e respecto cara as ideas de todos os membros da Comunidade Escolar.
- Establecer canles de información e participación entre os distintos profesionais do centro.
- Asumir por todo o equipo educativo as propostas educativas, para o que son debidamente consultadas e consensuadas.
- Clarificar as funcións de todo o persoal do centro, para favorecer unha intervención conxunta e coordinada.
- Establecer cauces ca familia, canalizala fundamentalmente a través dos plans de acción titorial.
- Conseguir a implantación, a observancia e o respecto das normas que recolla o Regulamento de Réxime Interno.
- Axustar á resposta educativa as necesidades particulares dos alumnos/as mediante as oportunas adaptacións curriculares e metodolóxicas.
...
Disponible sólo en Clubensayos.com