ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Calendario No currículo da Educación Infantil os obxectivos de ámbito


Enviado por   •  18 de Diciembre de 2017  •  Tarea  •  1.029 Palabras (5 Páginas)  •  139 Visitas

Página 1 de 5

[pic 3]

  1. ÁMBITO PEDAGÓXICO
  2. ÁMBITO INSTITUCIONAL
  3. ÁMBITO ADMINISTRATIVO
  4. ÁMBITO HUMANO E DE CONVIVENCIA

3.1. ÁMBITO PEDAGÓXICO

No currículo da Educación Infantil os obxectivos de ámbito pedagóxico estrutúranse arredor das seguintes áreas de experiencia: Coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal, Coñecemento do entorno e Linguaxes: Comunicación e representación.  

  • Área  de coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
  • Descubrir e acepta-las características persoais de cara á adquisición dunha autoimaxe positiva, á valoración persoal e ó progresivo desenvolvemento das propias capacidades.
  • Posuír unha actitude de respecto de cara ás características e cualidades doutras persoas sen actitudes de discriminación en relación co sexo ou con calquera outro trazo diferenciador.
  • Avanzar no dominio da motricidade xeral con implicacións rítmicas, tónicas e de equilibrio estático e dinámico que lle permitan unha conduta espacial autónoma, así como a execución de tarefas da vida cotiá e de actividades de xogo.
  • Identifica-las propias posibilidades e limitacións, valoralas e actuar de acordo con elas.
  • Afronta-las dificultades coa procura de solucións axeitadas, a partir da actividade natural e mediante o aproveitamento da súa propia espontaneidade e creatividade.
  • Inicia-lo recoñecemento do seu propio espazo para non interferir nos movementos dos outros e co fin de organiza-los seus propios movementos para xogar e crear en grupos e en espazos compartidos.

  • Progresar no desenvolvemento da motricidade fina e a coordinación visio- manual así como nas habilidades manipulativas para o manexo de obxectos, de tarefas relacionadas coas distintas formas de representación e a relación de actividades da vida cotiá.
  • Adquirir actitudes e hábitos relacionados co benestar e coa seguridade persoais , a hixiene e o fortalecemento da saúde, así como a adquisición de hábitos de orde, constancia e organización referidos á realización de diversas tarefas.
  • Promover unha educación preventiva e compensadora de desigualdades procurando, de forma especial, a atención aos máis desfavorecidos/as socialmente.
  • Área de coñecemento do entorno
  • Descubrir, coñecer e comprender paulatinamente o contorno físico e as entidades sociais onde se desenvolve a súa vida e progresar no desenvolvemento de actitudes positivas relacionadas coa curiosidade, respecto e conservación deste.
  • Orientarse e actuar autonomamente nos espazos habituais e comprende-la organización do tempo e do espazo en relación ao marco das súas vivencias.
  • Adquirir progresivamente hábitos de orde, limpeza, conservación e ornamentación dos espazos e materiais habitualmente manipulados polos nenos e nenas no ámbito escolar.
  • Tomar conciencia dos perigos presentes no contorno habitual e amosar comportamentos prudentes fronte a situacións que revistan risco.
  • Facer uso adecuado de xogos, instrumentos, ferramentas e pequenas máquinas.
  • Participar de  forma activa  nos proxectos e  actividades  grupais  e de forma fluída e segura en diálogos colectivos, respectando ordes de palabra, escoita e espera como elemento configurador de socialización.
  • Aprender a comportarse solidariamente aceptando a diversidade, a partir da diferenciación de si mesmos con respecto ós demais.
  • Área de linguaxes: comunicación e representación
  •  Incorporar progresivamente a palabra ao xogo da comunicación, expresando de forma oral sentimentos, desexos e ideas.
  •  Comprende-las mensaxes verbais dos outros nenos e nenas e dos adultos, valorando a linguaxe oral como medio de relación cos demais.
  •  Memorizar e describir de forma cada vez máis coherente as situacións vividas ou imaxinadas e recordar e relatar verbalmente feitos concretos relacionados coas propias experiencias.
  •  Asocia-lo xesto á palabra, tentando que haxa coherencia entre ámbalas dúas formas  de expresión.
  •  Descubrir formas de representación non verbal e utilizalas para reforza-lo significado das súas emisións non orais.
  •  Evocar e representar a través do xogo simbólico situacións coñecidas ou imaxinadas e  avanzar na diferenciación do mundo real e do mundo imaxinario.
  •  Utiliza-los distintos recursos que conforman o aspecto de código das linguaxes expresivas coa finalidade de aumenta-las propias posibilidades de expresión.

3.2. ÁMBITO INSTITUCIONAL

  • Potenciar a coordinación e o traballo en equipo dos educadores/as có fin de asegurar a coherencia e complementariedade nas súas actuacións.
  • Fomentar e facilitar a formación permanente do profesorado.
  • Favorecer a participación na  xestión e no control do Centro de todos os compoñentes da Comunidade  Educativa.
  • Establecer relacións con outros Centros Educativos da zona.
  • Lograr que se cumpran, por parte de todos os educadores/as, os obxectivos expostos no P.E.C.
  • Coordinación cos servizos sociais e educativos do municipio e de outras institucións.

3.3. ÁMBITO ADMINISTRATIVO

  • Velar porque as institucións físicas, materiais e do centro respondan as necesidades dos nosos alumnos/as e se cumpran todas as condicións e requirimentos de seguridade, calidade e hixiene.
  • Desenvolver instrumentos eficaces de recollida da información sobre os alumnos e alumnas.
  • Organizar o expediente persoal do neno/a para axilizar as consultas sobre o mesmo.
  • Facilitar á Comunidade Educativa o acceso á información sobre a normativa vixente relacionada coa  xestión e organización do Centro.
  • Informatizar as comunicacións administrativas.
  • Xestionar e informar de actividades para a formación de todo o persoal do centro.

  • Xestionar consensuadamente os recursos económicos do Centro.
  • Organizar adecuadamente o tempo e os espazos para obter o máximo aproveitamento.

3.4. ÁMBITO HUMANO E DE CONVIVENCIA

  • Implicar e mentalizar os  pais - nais da  necesidade de comunicación entre casa - escola para levar a cabo a tarefa educativa.
  • Crear un ambiente axeitado para a aprendizaxe e o desenvolvemento persoal, no cal os nenos/as poidan expresar libremente as súas ideas.
  • Fomentar o respecto ás instalacións do Centro e do entorno.
  • Estimular a idea de igualdade entre alumnos e alumnas, evitando calquera tipo de discriminación.
  • Crear un ambiente de tolerancia e respecto cara as ideas de todos os membros da Comunidade Escolar.
  • Establecer canles de información e participación entre os distintos profesionais do centro.
  • Asumir por todo o equipo educativo as propostas educativas, para o que son  debidamente consultadas e consensuadas.
  • Clarificar as funcións de todo o persoal do centro, para favorecer unha intervención conxunta e coordinada.
  • Establecer cauces ca familia, canalizala fundamentalmente a través dos plans de acción titorial.
  • Conseguir a implantación, a observancia e o respecto das normas que recolla o Regulamento de Réxime Interno.
  • Axustar á resposta educativa as necesidades particulares dos alumnos/as mediante as oportunas adaptacións curriculares e metodolóxicas.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (7 Kb) pdf (235 Kb) docx (942 Kb)
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com