Ruta Literaria
Enviado por Aslis • 21 de Marzo de 2015 • 2.488 Palabras (10 Páginas) • 242 Visitas
INTRODUCIÓN
Este traballo centrase na creación dunha ruta literaria no concello de Xove.
Os principais obxectivos deste traballo son:
- Crear unha ruta literaria no concello de Xove.
- Coñecer mellor a dous escritores galegos.
- Comparar as obras destes escritores galegos coas obras dos escritores da Bretaña.
A elección do concello foi debida a que é o meu lugar de procedencia. Pero este non foi o único motivo, senón que tamén o escollín porque este concello non só conta con espazos costeiros senón tamén cunha zona interior de montaña, que o converte nun concello moi rico en recursos naturais para a elaboración do mesmo. Xa que ten cinco praias, numerosos cantís, dous ríos (Guilán e Regueira) e varios montes, a cota mas alta é o Pau da Vella cunha altura duns 705 metros.
Por último, escollín aos escritores Rosalía de Castro e Ánxel Fole porque as obras La hija del mar e Á lus do candil, me parecen moi apropiadas para a creación dunha ruta literaria neste concello, xa que a presencia do mar é moi importante para os seus habitantes e tamén hai unha gran tradición de contos de medo e lendas.
Antes de pasar ó corpo do traballo e necesario facer un breve resumo das características do Concello de Xove.
Concello de Xove
O concello de Xove pertence á comarca da Mariña Occidental, está situado no norte da provincia de Lugo. A súa superficie é 89,1 km2 e acolle a unha poboación de 3496 habitantes polo que a súa densidade de poboación é de 39,2 hab/km2.
O municipio presenta unha dispersión poboacional propia do medio rural galego a excepción da capitalidade do concello, onde se concentra a maioría da poboación. No aspecto económico, o sector secundario establecido en torno á empresa de alúmina-aluminio Alcoa e as industrias do novo polígono, seguido do sector primario relacionado prioritariamente co mundo do mar e un sector agrario dedicado á autosuficiencia. Pola contra, o sector servizos é máis ben escaso, aínda que está sufrindo un auxe desde os últimos anos.
O clima é oceánico coma en toda A Mariña Lucense, presentando abundantes precipitacións ao longo do ano e temperaturas suaves tanto no inverno coma no verán.
ROSALÍA DE CASTRO: BIOGRAFÍA E OBRA
Rosalía de Castro naceu o 24 de febreiro de 1837, é unha das escritoras máis importantes en lingua galega é tamén unha das responsables do Rexurdimento do galego. Escribiu tanto en galego como en castelán. O 17 de maio dedícaselle o día das letras galegas.
Rosalía recibiu en Santiago de Compostela formación musical, artística e literaria tamén participou en actividades do Liceo de la Juventud. Imaxe obtida
Algunhas das obras de Rosalía de Castro son: Cantares Gallegos, Follas Novas, La flor, A mi madre, En las orillas del Sar, El caballero de las botas azules. As correntes ideolóxicas das súas obras son o socialismo e o republicanismo. Os xéneros que traballou son poesía, novela e conto. A obra escollida para a ruta literaria é La hija del mar.
ANXEL FOLE: BIOGRAFÍA E OBRA .
Ánxel Fole naceu en Lugo o 11 de agosto de 1903 e morreu o 9 de maio de 1986. É un dos escritores mais coñecidos en lingua galega. Os xéneros literarios que traballou son narrativa, poesía, teatro e ensaio, aínda que os seus libros mas famosos son os de contos, escribiu tanto en galego como en castelán. Ánxel Fole cursou estudios de Dereitos e Filosofía e tamén Letras en Valladolid e Santiago, a pesar dos seus estudos de dereito e filosofía dedicou toda a súa vida a literatura e o xornalismo. En 1997 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
As súas obras máis importantes son: Á lus do candil publicada en 1952; Terra Brava (1955); Pauto do demo (1958); Contos da néboa (1973); Historias de ninguén (1985). A obra utilizada para esta ruta literaria e Á lus do candil.
RUTA LITERARIA
LOCALIZACIÓN
A ruta literaria transcurrira ao longo de Xove, xa que con esta ruta pretendo utilizar tanto os espazos costeiros como a zona interior de montaña. Por este motivo é unha ruta bastante longa que trancorre desde Xuances ata Lago, unha vez chegamos a Lago daremos volta e regresaremos a Xove, donde faremos un descanso para comer, logo seguiremos coa ruta que continuara desde Xove ata o monte de A Medela.
A ruta transcurrirá ao ongo dun día, a maña faremos o percorrido de Xuances a Lago, facendo pequenas paradas polo camiño, para a realización de actividades. Sairemos de Xuances as 10:00 da maña e chegaremos a Xove as 14:00 teremos dúas horas para comer e descansar e as 16:00, continuaremos a ruta dende a capitalidade do concello ata o monte A medela, unha vez alí faremos unhas actividades e aproximadamente as 20:00 estaremos de regreso en Xove.
Parte que realizaremos pola maña (Imaxe obtida de Wikilok ).
Distancia do percorrido: 14,56 km
Dificultade técnica: Fácil
Tempo do percorrido: Catro horas (contando o tempo necesario para a realización das actividades).
Actividades que se van a realizar: Son a actividade 2 e a 3.(A descrición das actividades atópase na páxina 12)
Imaxes do percorrido (obtidas de web Picasa )
Ruta que realizaremos pola tarde (Imaxe obtida do wikilok ).
Distancia do percorrido: 10,32 km
Dificultade técnica: Fácil
Tempo do percorrido: tres horas e media (contando o tempo necesario para a realización das actividades )
Actividades que se van a realizar: A actividade 1 e a actividade 4 (a súa descrición atopase na páxina 8-9)
Esta ruta literaria esta creada para traballar con adultos e con rapaces e rapazas sen ningunha discapacidade física. Xa que o percorrido escollido e demasiado longo para realizalo con persoas maiores e con persoas con algunha discapacidade física, e tampouco esta pensada para realizar con nenos e nenas xa que os contidos non están adaptados a súa idade. Aínda que nun primeiro momento esta ruta non esta pensada nin para nenos e nenas, nin persoas discapacitadas, nin persoas maiores sempre se pode facer unha adaptación tanto dos contidos como do percorrido, para que estes poidan realizar esta ruta literaria.
OBXECTIVOS
Os obxectivos que se pretenden conseguir coa realización desta ruta literaria:
- Relacionar as obras dos autores de Anxel Fole e Rosalía de Castro coa ruta e co entorno natural do Concello de Xove.
- Coñecer as obras “Á lus do candil” e “La hija del mar”.
...