Critica De Hume A Kant
Enviado por Figueira14 • 27 de Abril de 2014 • 1.330 Palabras (6 Páginas) • 308 Visitas
stitucional, cultural e internacional. Cando algunha delas é desempeñada por outra lingua falamos de lingua minorizada.
A convivencia lingüística é a situación máis habitual dado que as aproximadamente 5000 linguas coñecidas repártense nuns 200 Estados existentes, mais raramente esta convivencia é pacífica:
* Nuns casos o poder político e económico impón a súa lingua oficial provocando a desaparición da lingua autóctona (o caso do latín en Gallaecia). É o que coñecemos como substitución lingüística.
* Noutros casos as dúas linguas conviven, aínda que con usos distintos: unha convértese en hexemónica (tamén chamada lingua A, dominante ou lingua de cultura) e desenvolve as funcións socialmente relevantes (institucional, cultural, internacional) e a outra convértese en lingua minorizada (tamén chamada lingua B, dominada ou idioma cuberto) e o seu uso fica progresivamente restrinxido a ámbitos orais, coloquiais, etc. Neste caso falamos de convivencia diglósica e prodúcese un conflito entre as dúas linguas. No caso da comunidade lingüística galega a convivencia diglósica vénse producindo desde o século XV.
O conflito lingüístico non é máis que o reflexo das tensións sociolingüísticas que se producen entre as dúas linguas desde o momento en que a lingua dominada pretende recuperar os ámbitos dos que foi desposuída pola dominante.
A resolución do conflito só pode ser a substitución lingüística da Lingua B pola Lingua A, ou a plena normalización lingüística, isto é, coa recuperación pola primeira dos ámbitos de uso que lle foron arrebatados pola segunda, para o que é necesaria a lealdade lingüística e o compromiso activo dos falantes así como a implicación no proceso dos poderes públicos e das institucións culturais e económicas.
Un dos moitos obstáculos no camiño da normalización é a vixencia de determinados estereotipos e prexuízos lingüísticos que pretenden transmitir a idea de que a lingua minorizada (o galego no noso caso) non é tan válida para o desenvolvemento como a hexemónica: é propia do mundo rural, non serve para falar das ciencias, non serve fóra do territorio, o galego normativo é “inventado”, só a falan os de esquerdas, non vale para Internet ...
Tamén hai quen supón que se pode dar un bilingüismo harmónico entre as dúas linguas, unha convivencia pacífica na que cada quen fale o que lle apeteza e domine ben os dous idiomas, solución utópica que atenta contra o principio de economía lingüística e que acabaría en realidade conducindo á substitución.
No ámbito do ensino nos últimos anos está entrando tamén o inglés, polo que o bilingüismo pasa a trilingüismo.
TEMA 2.- Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.
Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade, especialmente no plano oral. A existencia dunha variedade estándar -a que se usa nos ámbitos formais, a que se describe nas gramáticas- contribúe a frear esa dispersión.
A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de normativización lingüística: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.
A maioría das linguas románicas fixeron este labor durante a Idade Media, cando o galego comezara xa a sufrir o proceso de minorización, polo que a nosa lingua non emprendeu esa tarefa –imprescindíbel para a súa normalización social- ata o s. XIX, cos autores do Rexurdimento.
Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas:
a) Galego popularizante (ata fins do s. XIX). Non existe realmente unha intención normativizadora (Pondal foi o único autor consciente da súa necesidade), utilizan o galego oral no seu rexistro popular (o que se conservara), cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.
b) Galego enxebrizante (ata 1936). Os autores comezan a sentir a necesidade dunha norma escrita e inclinaranse por un modelo diferencialista, que marque distancias co castelán. As características máis salientábeis son:
- Busca dun galego supradialectal.
- Eliminación de castelanismos.
- O portugués é o seu modelo de lingua culta.
c) Galego protoestándar (ata fins dos 70). Medra a conciencia da necesidade dun modelo culto que apoie a normalización do galego. Caracterízase sobre todo pola simplificación ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, acentos graves e cincunflexos).
d) Galego estándar (ata a actualidade). O mellor coñecemento lingüístico (grazas ás investigacións
...