Composición historia de españa 1804-1833
Enviado por karlarivv • 3 de Diciembre de 2023 • Ensayo • 1.952 Palabras (8 Páginas) • 114 Visitas
Composición – Reinado de Fernando VII
Estamos ante tres fragmentos de fonte primaria sendo o primeiro un fragmento legal e os outros de tipo político. Estes pertencen ao reinado de Fernando VII entre os anos 1814-1833, aínda que os textos abarcan ata o ano 1823, co final do trienio Liberal (1820-1823). O tema que recorren todos os fragmentos é a discusión entre o absolutismo e o liberalismo e o tema de manter as cortes de Cádiz. No 1º documento Fernando VII decreta nula a Constitución de Cádiz de 1812, no 2º documento Rafael del Riego (xeneral do exército español que protagoniza o levantamento liberal) esixe o restablecemento da constitución de 1812. Por último, no 3º documento volve aparecer a figura de Fernando VII anulando as cortes de Cádiz e instaurando o absolutismo.
As abdicacións de Baiona e a invasión das tropas francesas provocaron a creación de novas institucións de goberno e de medidas para reformar o sistema político vixente. No documento 1, Fernando VII fai referencia a unha destas medidas, as cortes de Cádiz, “As cortes (…) no mesmo día da súa instalación(…)”. Antes de ser convocada xa circulaba a idea da necesidade de convocar unas cortes xerais e extraordinarias para coñecer a vontade do país e impoñer as reformas que fosen necesarias aínda que había una forte discrepancia sobre as medidas a tomar. Por una parte, estaban os realistas e absolutistas, (a maioría dos nobres e eclesiásticos) que eran partidarios de restablecer o sistema político tradicional do poder absoluto do rei auxiliado polas cortes . Por outro lado, estaban os partidarios do liberalismo, que dicían que era necesario restrinxir o poder real e establecer una constitución baseada na soberanía da nación e na separación de poderes. Finalmente tras unha consulta ao país para coñecer os problemas e medidas que debían deliberar, reuníronse as cortes en Cádiz o 24 de setembro de 1810, onde predominaron os deputados de clases medias urbanas con ideoloxía liberal.
As cortes de Cádiz realizaron unha intensa labor lexislativa . No texto 1, Fernando VII fai referencia unha destas labores lexislativas “ despois, sobre tal usurpación as leis que quixeron, impoñéndolle o xugo de que forzosamente as recibise nunha nova constitución(…)”. Ademais da constitución, promulgada en 1812, elaboraron numerosos decretos polos que se eliminaban as estruturas e fundamentos xurídicos do Antigo Réxime e onde se establecía un novo sistema político, social, económico e administrativo inspirado nos principios ideolóxicos do liberalismo. Entre estes decretos destacan: A soberanía nacional e a separación de poderes (1810), foi a primeira medida que tomaron os deputados de Cádiz onde proclamaron a soberanía nacional, a cal residía nas Cortes porque elas representaban a nación española e fronte ao poder absoluto defenderon a separación de poderes; e A abolición dos señoríos xurisdicionais e dos privilexios de orixe feudal (1811), onde a xustiza pasou a estar a mans do estado (xa que ata entón estaban en mans da nobreza e da igrexa). Este decreto diferenciaba entre os señoríos xurisdicionais, que quedaban anulados, e os señoríos territoriais, que eran recoñecidos como propiedade privada. Ademais, as cortes decretaron medidas como a liberdade de imprenta sen censura previa (1810), a regulamentación do poder executivo (incluíndo a responsabilidade dos ministros, 1811), a formación dos concellos constitucionais e das deputacións provinciais (1812), a creación do Tribunal Supremo de Xustiza, a reforma das audiencias e a creación dos partidos xudiciais (1812), e a supresión do Tribunal da Inquisición (1813). Foi así como este conxunto de decretos e reformas revolucionarios, aboliron legalmente o Antigo Réxime. Sen embargo, a maioría da poboación consideraron estrañas estas reformas e deron crédito as prédicas dos eclesiásticos, que as presentaban como atentatorias contra a relixión e os costumes tradicionais.
En canto a constitución de 1812, tamén coñecida como A Pepa, recollía o espírito es as ideas liberais que establecían un novo modelo político baseado: Na soberanía popular, onde o pobo era posuidor do poder, que exerce por delegación nos seus representantes. Os cales eran elixidos mediante sufraxio universal masculino indirecto tanto para a elección dos deputados a Cortes como dos alcaldes e rexedores do concello; Na monarquía, como forma de goberno, pero na que o poder do rei estaba limitado ás funcións que establecía a constitución; na separación de poderes, a cal dividíase en executivo (exercido polo monarca que é ao mesmo tempo xefe de Estado do Goberno, lexislativo (exercido polas cortes e o monarca, onde as leis eran elaboradas polas Cortes pero para seren efectivas tiñan que ser sancionadas e promulgadas polo monarca que tamén dispón de voto suspensivo. Ademais as cortes están formas por unha soa cámara e teñen preeminencia sobre o monarca), e xudicial (exercido polos tribunais de xustiza); na defensa dos dereito e liberades, na que dos individuos considerados como cidadáns. Onde ao longo da constitución aparecen recollidos o recoñecemento da liberdade (especialmente da opinión e da imprenta), o pago proporcional a riqueza, e o servizo militar obrigatorio. O recoñecemento da propiedade privada individual foi un dereito básico garantido polo estado . Para asegurar a orde pública e a defensa das liberdades e da constitución creábanse as milicias nacionais; no unitarismo e centralismo político, que impón unha única lexislación que eliminaban os particularismos dos antigos reinos e privilexios forais; e o catolicismo do Estado, declarando a relixión católica como oficial e única autorizada. En síntese esta constitución tamén é considerada revolucionaria xa que alterou as bases políticas e socias e tiña como obxectivo abolir o absolutismo monárquico establecendo un réxime e baseado na separación de poderes que substituía a soberanía nacional pola dos cidadáns.
Dous anos despois da constitución, volve ao trono español Fernando VII, que reinou ata súa morte en 1833. O reinado deste rei desexado caracterizouse por actuar como monarca absoluto e dunha maneira mesquiña e vingativa. Enfrontouse duramente cos liberais e co sistema político creado en Cádiz. No seu reinado diferéncianse tres períodos: O sexenio absolutista (1814-1820), o trienio liberal (1820-1823) e a Década ominosa (1820-1833). O primeiro período significou o retorno ansiado polas mas populares de Fernando VII. Mentres que os liberais esixían que o rei aprobase os decretos e a constitución de 1812, os absolutistas defendían que o rei debía recuperar a plenitude da súa soberanía e declarar nulas todas as reformas. Así llo pediu un grupo de deputados a través dun documento coñecido como o manifesto dos persas de 1814. Foi así que Fernando VII (contando co apoio dos seus partidarios) declarou nulos os decretos e a constitución de 1812, e restableceu o poder absoluto e as vellas institucións do Antigo Réxime mediante un decreto asinado en Valencia en maio de 1814. Este decreto corresponde co texto 1, no que Fernando VII “declarar aquela constitución e tales decretos nulos e de ningún valor nin efecto, agora en nin en tempo ningún, coma se non tivesen pasado xamais aqueles actos”. Por outro lado, as forzas liberais, (formadas principalmente por militares das guerrillas e da burguesía) eran minoritarias e non estaban preparadas para enfrontarse ao rei. A maioría destes foron perseguidos , algúns marchararon cara o exilio r outros formaron sociedades secretas de carácter masónico. Para poder obrigar ao rei a aceptar o sistema liberal recorreron ao pronunciamento, é dicir, un levantamento de parte do exercito que se “pronuncia” a favor da substitución da monarquía absoluta por unha monarquía liberal inspirada nos principios da constitución de Cádiz. Sen embargo todos os intentos fracasaron e tiveron como consecuencia a detención e executación da maioría dos seus organizadores. Destaca un dos primeiros pronunciamentos que foi na Coruña en 1815 liderado polo xeneral Juan Díaz Porlier. O segundo período de foi o Trienio liberal (1820-1823). Este comeza co pronunciamento de Rafael del Riego onde esixiu en cabezas de San Juan o restablecemento da constitución de 1812. Isto podémolo ver no texto 2 Cando, O xeneral Rafael del Riego di “a constitución española, xusta e liberal, foi elaborada en Cádiz entre sangue e sufrimento, máis o rei non a xurou e é necesario para que España se salve, que o rei xure e respecte esa constitución de 1812”. Inicialmente este pronunciamento só tivo apoio nunha pequena parte do exercito dirixido por Antonio Quiroga, que tomou a illa de León (Cádiz). O verdadeiro triunfo Liberal tivo lugar o 21 de febreiro, na Coruña, Onde a meirande parte dos oficias dirixidos por Félix Acevedo e co apoio da burguesía local, detiveron as autoridades realistas e nomearon a unha xunta de Goberno de Galicia e restableceron a constitución de 1812. Estas accións foros seguidas en procesos militares en distintas cidades de Galicia e España. Como consecuencia, Fernando VII viuse obrigado a aceptar a constitución o 10 d e Marzo de 1820. Ademais, este triunfo revolucionario causou en Europa un asombro e foi imitado en varios puntos o que levou ao que se coñece como vaga revolucionaria liberal de 1820: Portugal (1820-1823), Dúas Sicilias (1820-1821) Piemonte-Sardeña(1821), Francia (1822) e Rusia (1824). Estes gobernos liberais restableceron a lexislación aprobada polas cortes de Cádiz : como a constitución. As cortes, a liberdade de imprenta, etc. Tamén destaca a transformación sociais económicas e administrativas como a supresión de conventos, exclaustración eclesiástica, desamortización dos bens da Inquisición e dos conventos suprimidos, etc. Sen embargo, as diferenzas entre os liberais sobre temas como a necesidade de introducir ou non modificacións na Constitución e o poder do rei, deron lugar á aparición de dúas correntes diferenciadas, os moderados e os exaltados, ambas estiveron duramente enfrontadas polo control das institucións. Esta división liberal favoreceu os intentos absolutistas de restaurar o Antigo réxime, contando co apoio de Fernando VII que nunca acatou sinceramente a imposición da Constitución. É así como comezamos co ultimo período do goberno de Fernando VII, coñecida como a década Ominosa ou absolutista (1823-1833). Este período comeza ca intervención das potencias absolutistas, que reunidas en Verona en 1822, deciden intervir en España por mor de que a revolución se estendese por Europa. Así en 1823, un exército francés coñecido como Os cen mil fillos de San Luís (dirixido polo duque de Angulema) invadiu España acompañado por partidas de Voluntarios Realistas Españois. Podemolo ver reflexado no texto 3 cando Fernando di “polas xenerosas resolucións dos meus poderosos Aliados (..) A maioría das zonas non atoparon resistencia agás algunhas zonas como Cádiz e A Coruña. Fernando VII recuperou o poder absoluto e decretou, en outubro de 1823 a abolición de todas as leis e institucións creadas durante o Trienio Liberal, iscsto vémolo reflexado no texto 3 cando Fernando VII di “son nulos e de ningún valor os actos do goberno chamado constitucional” Esta nova restauración absolutista provocou unha dura represión contra os liberais. A maioría dos líderes foron perseguidos ou executados (Riego, Torrijos..) e outros tiveron que marchar ao exilio cara a Xibraltar, Inglaterra ou Francia. A pesar da situación, a maioría dos liberais seguiron conspirando para restablecer as liberdades en España, fracasando nos seus intentos. Ademais, estes fóronse agrupando arredor de seu irmán Carlos quen ante a falta de descendencia do monarca, era considerado o futuro herdeiro do trono. En 1829 Fernando VII casou por cuarta vez, con María Cristina de Borbón e do seu matrimonio naceron dúas fillas: Sabela e Luisa Fernanda. Como a Lei Sálica, introducida por Filipe V , impedía a sucesión do trono ás mulleres, o rei derrogou a devandita lei en 1830 e proclamou a súa filla Sabela como herdeira. Esta decisión orixinou un grave problema dinástico xa que Carlos, o irmán do rei, e os realistas puros opuxéronse a esta medida. Finalmente en 1833, morreu Fernando VII e Carlos reclamou a Coroa de España, ao mesmo tempo que a raíña viúva María Cristina facía mesmo para súa filla Sabela. O choque de intereses propiciou o estoupido da guerra Carlista e a oportunidade de que os liberais recuperasen o poder.
...