ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Construccion Dun Estado Liberal


Enviado por   •  26 de Enero de 2015  •  1.072 Palabras (5 Páginas)  •  199 Visitas

Página 1 de 5

CONSTRUCCIÓN DO ESTADO LIBERAL: CORRENTES IDEOLÓXICAS E PARTIDOS POLÍTICOS

A constitución de 1837 elaborouse coa finalidade de garantir unha estabilidade política e a alternancia no poder entre os progresistas e os moderados, de modo que se afasta da Constitución de 1812 en moitos aspectos. O máis importante e o da soberanía compartida entre o rei e a nación, na que os progresistas renuncian á idea de soberanía nacional, reforzándose o poder do rei que ademais de ter o poder executivo, dispondría de gran poder lexislativo (primacia do rei sobre as cortes), principio defendido polos moderados. As cortes pasarían a ser bicamerais, formadas por Congreso e Senado, cando na Constitución de 1812 eran unicamerais. Os deputados eran elixidos por sufraxio censatario directo, mentras na Constitución de 1812 o sufraxio era universal masculino indirecto. E os progresistas lograban a eleccion popular dos Concellos e dos seus alcaldes, o restablecemento da Milicia Nacional, a declaración explícita de dereitos e liberdades individuais entre os que destacan a igualdade ante a lei e a liberdade de imprenta sen censura previa, e certa tolerancia relixiosa. Quedaba patente unha moderación no liberalismo o comparar ambalas duas Constitucións que vai provocar que en 1849, xa no reinado de Isabel II, se produzca unha escisión entre os progresistas que acabaría coa formación de novas correntes ideolóxicas e partidos políticos.

Nace así o liberalismo doutrinario e o liberalismo democrático ó longo do Século XIX e XX. O liberalismo doutrinario xurdiu como reacción dos grupos poderosos a perder a súa posición hexemónica na sociedade ante as demandas populares, defendendo unha monarquía constitucional como forma de Estado e de goberno na que tódalas institucións do Estado, incluída a Coroa, exercen os seus poderes de acordó coa Constitución. O rei mantén o poder executivo e a dirección política, goberna a través dos ministros que son escollidos e cesados por el mesmo, os cales son responsables da súa actuación ante as Cortes, da cal teñen que ter a súa plena confianza para poder gobernar. Existe polo tanto un sistema de dobre confianza, pero en caso de conflito entre o Goberno e as Cortes, o rei pode disolvelas ou cambialos ministros ( primacia do rei sobre as Cortes). A Coroa comparte o poder lexislativo coas Cortes, de modo que as leis xorden da vontade conxunta de ámbalas duás institucións. Correspóndelle ó rei o dereito de convocatoria, suspensión e disolución das Cortes, o que permite actuar de moderador nas diferenzas entre o executivo e o lexislativo e manter controladas e subordinadas as Cortes, non existindo realmente unha separación de poderes. As Cortes seguen sendo bicamerais, o Senado (cuxos Senadores son escollidos polo rei), e o Congreso que son escollidos polos cidadáns mediante sufraxio censatario (doc 6.3 o dereito electoral non será un dereito de todos, e as ínfimas clases de calquera país deberán estrar privadas del pola sinxela razón que non podrán exercelo convenientemente, e por regra xeral para ter dereito a voto e necesario ter certa renda pu pagar unha determinada contribución). A participación política e moi restrinxida quedando reservada a unhas determinadas persoas (doc. 6.4 rexeitando das teorías de gobernó, o pensamento do pobo, o cal califica de ignorante…),

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (7 Kb)
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com