Motín Del té
Enviado por andreagofe • 2 de Enero de 2013 • 555 Palabras (3 Páginas) • 341 Visitas
O MOTÍN DO TÉ
Tras uns tranquilos anos 1770-1773 nos que parecía que as colonias volveran aceptar o dominio de Londres sen problemas, provocando o desespero dos americanos máis radicais que vían esvárese os seus proxectos de independencia, unha decisión do Goberno británico continuou o conflito e deu argumentos aos partidarios da ruptura: a Tea Act (10 de maio de 1773). A Compañía da India Orientais,acuciada por problemas de liquidez, solicitou e obtivo do Goberno británico o monopolio da venda de té nas colonias de América e os seus axentes desprazaron os comerciantes autónomos. Para o espírito dos colonos, a decisión de Londres era inaceptable e contra esa Lei do té actuaron de diferentes maneiras, sobre todo boicoteando o produto inglés. Pero o radical Samuel Adams preparou, para o día 16 de decembro de 1773, o famoso "incidente do té de Boston"; disfrazados de indios, varios patriotas botaron ao mar o cargamento de tres barcos da compañía: 343 caixas valoradas en 10.000 libras. E conseguiu o seu obxectivo último: provocar unha violenta reacción británica. O rei, o Goberno de lord North e o Parlamento estaban agora de acordo en que o reto debía aceptarse e entre maio e xuño de 1774 se promulgan as Coercive Acts - coñecidas entre os americanos como Leis intolerables- que pechaban o porto de Boston ata que se pagase o destruído polos Fillos da Liberdade (nome que empezaron a darse dende 1765 moitos colonos radicais, organizados por Samuel Adams, e que fixeron seu un apelativo que lles dedicara o parlamentario Isaac Barre na Cámara dos Comúns).
Tamén se cambiaban as autoridades locais de Massachusetts, entre outras o gobernador real, cargo para o que foi nomeado o duro xeneral Thomas Gage, que pasou de Nova York a Boston ordenando que se concentrasen nos arredores desta cidade cinco rexementos e varios navíos da flota real británica. Practicamente militarizábase Massachusetts, e autorizábase o exército a ocupar e requisar, se era necesario, casas particulares deshabitadas. Estas medidas por si soas terían provocado tensións. Pero, ademais, moi pouco despois se aprobou en Londres a Lei de Quebec (22 de xuño de 1774), que permitía a expansión cara ao Sur dos colonos "canadenses", cortando o paso á penetración dos colonos "norteamericanos" máis alá dos Apalaches. O Goberno da súa maxestade británica quería congraciar se mesmo con medidas favorecedoras para os católicos- cos seus novos súbditos de orixe francesa, pero non calculou a ofensa inferida aos habitantes das trece colonias. Estes crían que non só se castigaba á de Massachusetts, senón ás doce restantes. Á parte de que, a estas alturas, o que sucedera aos bostonianos era xa sentido como algo propio por todos os colonos dende Virxinia ou Xeorxia ata Connecticut ou Nova York; "Dende agora, é preciso que todos nos sintamos americanos", como dixo un representante
...