Revolución Industrial (En Galego)
Enviado por xavigoa • 16 de Septiembre de 2013 • 376 Palabras (2 Páginas) • 350 Visitas
REVOLUCIÓN INDUSTRIAL: A SIDERURXIA
A produción de ferro e aceiro desempeñou un papel destacado na consolidación da revolución industrial. A principios do século XVIII elaborábase un produto de certa calidade pero escaso e caro, incapaz de satisfacer a oferta e a demanda. Desde entonces, a industria siderúrxica foi adquirindo un papel cada vez máis importante no conxunto da economía, ata que mediado o século XIX tomou o relevo da industria téxtil e se converteu no motor da revolución industrial.
O desenrolo da industria siderúrxica inglesa dependeu primeiramente da evolución da demanda. Este aumento da demanda estivo ligado á revolución agrícola e demográfica. A maior poboación facía necesaria a paulatina substitución do cabón vexetal polo coque, ou carbón mineral. Isto permitiu importantes aforros enerxéticos na fabricación de ferro, evitou a deforestación e impulsou outras melloras como a construción de altos fornos que favorecían a combustión do coque. Ou sexa, coa incorporación do carbón mineral, a siderurxia solucionou o problema inicial co que se encontrou; a escaseza de madeira e as súas limitacións como fonte de enerxía para alimentar os altos fornos de fundición.
Sen embargo, o produto fabricado con esta tecnoloxía resultou ser barato pero de moi baixa calidade. O primeiro salto tecnolóxico foi realizado por Abraham Darby no 1709, quen conseguiu producir aceiro utilizando carbón de coque. Máis tarde, Henry Cort inventou un procedemento para refinar o ferro impuro e mellorar así a súa calidade. Co procedemento de Cort logrouse un ferro de similar calidade ó importado e de reducido custo de produción.
Con todo, habería que esperar á era do ferrocarril e á xeneralización da mecanización a partir de 1830 para que o enorme aumento da demanda que estes procesos trouxeron consigo incrementara drasticamente a produción siderúrxica. Os efectos do sector ferroviario foron moi importantes na minería (polo consumo de carbón) e na siderurxia (pola construción de vías). Así, na segunda metade do século XIX a industria siderúrxica era xa a principal impulsora da revolución industrial.
Este novo protagonismo da siderurxia quedou reflexado no incremento da demanda de carbón, ferro, traballo, capital, traballadores e maquinaria especializada. Tamén esixiu maiores facilidades para o transporte e subministrou un material barato e sólido (absolutamente necesario para unha economía industrializada), fomentou o desenrolo da industria mecánica e sentou o prototipo da industria moderna.
...