ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Acabad Ya Con Esta Crisis


Enviado por   •  16 de Diciembre de 2013  •  1.528 Palabras (7 Páginas)  •  345 Visitas

Página 1 de 7

“¡Acabad ya con esta crisis!”

Paul Krugman

“¡Acabad ya con esta crisis!” do economista Paul Krugman comeza intentando dar un remedio a crise económica orixinada en EE.UU no 2008 e que afectou a todo o mundo. Claro defensor de Keynes e das súas teorías, Krugman defende que xa sabemos como por remedio á esta situación de crise, tanto polos estudios de Keynes coma por estudios posteriores. Nega que as políticas de austeridade teñan efectividade algunha, na súa contra é partidario de establecer políticas de expansión e de creación de emprego.

Krugman céntrase neste libro en EE.UU, pois como el di, é o país onde vive e o que mellor coñece e tratará diferentes aspectos e consecuencias tanto da crise como das coñecidas políticas de austeridade. Trata o tema do desemprego involuntario afirmando que a súa existencia é moi real mentres que critica a aqueles que din que quen no traballa é porque sinxelamente non quere.

No caso do desemprego de longa duración, en EE.UU é unha situación un pouco máis grave en comparación con outros países desenvolvidos pois ten unha Seguridade Social moi feble e pode volverse aínda máis insostible.

Fala sobre o gran crecemento do PIB norteamericano despois da crise de finais dos 70 e principios dos 80 e do posterior decrecemento no comezo da “Gran Recesión” como denomina á crise actual. Cabe destacar que Krugman non as considera crises diferentes senón unha mesma crise cun pequeno período de crecemento no medio.

Non cre que debamos afrontar as medidas cunha perspectiva a longo prazo, senón a curto prazo.

Fala tamén da crise en Europa e de como afectou a toma dunha moeda común sen ter resolvidas a unidade política e económica total, e manifesta que un dos problemas fundamentais da economía mundial é que como “o meu gasto é o teu ingreso e o meu ingreso é o teu gasto” a situación económica depende de como xestione a sociedade os seus recursos, así si decido aforrar máis e gastar menos estarei afectando ao mercado e aos ingresos doutros, por suposto isto debe verse sempre a escala mundial.

Pódese pensar que o máis lóxico para saír dunha recesión económica é por máis cartos en circulación e, sen dúbida non é un camiño moi errado. O propio Krugman di que EE.UU conseguiu capear a crise de finais dos 70-principios dos 80, pero tamén di que non debemos confiarnos, pois Xapón seguiu este modelo e chegou un momento que por moita moeda que se imprimise a economía non saía a flote e que o mesmo lles pode pasar aos norteamericanos.

A intervención do goberno nos bancos tamén está recollida no libro e de como afectan aos mesmos as desbandadas bancarias, é dicir cando todo o mundo quere retirar os cartos do banco ao mesmo tempo, fai unha comparación continua da “Gran Depresión” dos anos 30 coa crise actual.

Critica ás entidades e ao método de conceder as chamadas hipotecas “subprime”, pois as persoas ás que as entidades privadas aceptaban xa foran rexeitadas polas entidades aprobadas polo goberno para facilitar préstamos.

A bonanza económica dos EE.UU dende os 80 ata o 2007 parece polo tanto unha ilusión, afirma Krugman, pois o que se fixo foi paliar por riba, sen reformas eficientes unha crise que se estaba xestando dende hai tempo.

Presenta dous gráficos onde se nos mostra como a desregulación financeira non foi un fracaso, o polo menos un fracaso para todo o mundo, pois aínda que é verdade que os ingresos dunha familia media so se viron incrementados minimamente, a xente de maior poder adquisitivo experimentou un aumento dos seus ingresos extraordinarios. A raíz de isto establece un debate xa aberto de porque as desigualdades aumentaron tanto nos últimos anos dando diversas razóns que son populares hoxe en día, como o nivel de formación, pero aínda así volve a a afirmar que os cartos non os levaron os que maior formación tiñan senón quen máis cartos tiña. Conclúe neste tema con que non hai unha resposta clara entre os economistas a que por os ricos seguen gañando máis mentres que os pobres son dalgún xeito máis pobres.

No momento de estalar a crise moitos afirman que viviamos nun mundo keynesianos, que todos eramos xa keynesianos, sen embargo Krugman di que as accións dos gobernos foron ineficientes para parar a crise a pesar de ter as solucións diante deles. A verdade é que a certa capa da sociedade, a que ten a hexemonía económica é a que se mostra máis en contra

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (9 Kb)
Leer 6 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com