Debilidades internas: Puntos débiles que supoñen unha posición desfavorable fronte á competencia. Por exemplo.
Enviado por dolobrais • 4 de Marzo de 2017 • Apuntes • 282 Palabras (2 Páginas) • 227 Visitas
ANALISE DO ENTORNO ESPECÍFICO: MATRIZ DAFO A través da matriz DAFO é posible realizar unha análise global da nosa empresa e do entorno que a rodea, que responde ás siglas: Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades. A DAFO o que pretende é, por un lado, analizar as oportunidades e ameazas que nos ofrece o entorno (análise externo) e por outro lado, analizar cales son as fortalezas e as debilidades internas da empresa fronte a ese entorno (análise interno).
Vexamos que variables poden ser tidas en conta en cada elemento da matriz: Fortalezas (internas): Son os puntos fortes cos que conta a empresa e que supoñen unha vantaxe respecto a outras empresas. Por exemplo:
∙ Ofrecer un produto de calidade
∙ Atención exclusiva ao cliente
∙ Coñecemento do sector
∙ Producir con menos custes
∙ Recursos humanos cualificados
Debilidades internas: Puntos débiles que supoñen unha posición desfavorable fronte á competencia. Por exemplo:
∙ Ser novo no sector, falta de experiencia
∙ Escasa capacidade de xestión empresarial
∙ Cadro de persoal non cualificado
∙ Non dispoñer da tecnoloxía máis eficiente
∙ Recursos económicos escasos
Oportunidades (externas): Posibles nichos de negocio, son aspectos positivos do entorno. Por exemplo:
∙ Un mercado novo con posibilidades de crecer
∙ Escaseza de competencia na zona
∙ Demanda e clientes desatendidos
∙ Crecemento económico do sector
∙ Cambios nos estilos de vida e de consumo
∙ Cambios tecnolóxicos e novos produtos Ameazas (externas): factores do entorno que poden poñer en perigo a supervivencia da empresa. Por exemplo:
∙ Produtos da competencia máis baratos
∙ Aparición de novos competidores con custes máis baratos
∙ Cambios nos gustos dos consumidores
∙ Aumento continuo do prezo dos provedores
∙ Escaseza de financiamento dos bancos
...