ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Como Aprenden Los Niños


Enviado por   •  10 de Marzo de 2014  •  2.164 Palabras (9 Páginas)  •  279 Visitas

Página 1 de 9

1. Caracterización dos tipos de aprendizaxe.

A Psicoloxía do Desenvolvemento ou Evolutiva, estuda entre outras cuestións a aprendizaxe humana. Esta disciplina ocupase do cambio ao longo do tempo da conduta humana, tanto nos seus aspectos externos e visíbeis como en aqueles internos e que non se aprecian directamente.

Aprender é construír os significados, é algo persoal, xa que a persoa adquire os coñecementos de maneira diferente.

Tamén existen outras disciplinas como a Psicoterapia, Psicoloxía da Aprendizaxe que se ocupan do cambio da conduta humana.

No que se refire á relación desenvolvemento- aprendizaxe considerase que os nenos non poden aprender se non desenvolveron previamente unas características consideradas imprescindibles o que reflicte a tendencia de subordinar a aprendizaxe ó desenvolvemento; primeiro desenvólvense unhas capacidades cognitivas e a a continuación pódese iniciar a ensinanza de conceptos relacionados con ditas capacidades;

Vigotski expresa que para que poida haber desenrolo deben de producirse unha serie de aprendizaxes que son a condución previa, a maduración por si soa non sería capaz de producir función psicolóxicas propias dos seres humanos xa que é a aprendizaxe en interacción con outras persoas o que nos ofrece posibilidades de avanzar no noso desenrolo psicolóxico.

Ademais tamén é importante o papel dos membros mais competentes da especie xa que axudan os mais novos a facer cousas que por si sos non acadarían.

Segundo a lóxica de Palacios considérase que existen diversas formas de aprender, cada unha co seu referente teórico, pero tendo en conta que estas diferentes maneiras de acadar o coñecemento non existen de maneira individual senón que son situacións globais e compatibles que permiten por en práctica e aprender estratexias diferentes para incrementar o aprendizaxe e así desenvolverse como persoa; estas son:

APRENDIZAXE COA CREACIÓN DE ANDAMIOS; O APRENDIZAXE COMPARTIDO O neno recibe multitude de influencias das persoas que o rodean, tanto nas situacións cotiás como nas de aprendizaxe.

Na Aprendizaxe compartida, o papel do adulto e do neno/a vai variando; cando o neno ten pouca experiencia o adulto ten mais peso, a medida que medra, e empeza a coñecer por repetición algunha das secuencias xa vai tendo un papel mais activo. Aqueles momentos nos que o adulto deixa participar serven para potenciar o desenvolvemento do neno.

Lev S. Vigotski considera que a á interacción social, e a cultura desempeñan un papel fundamental no desenvolvemento humano, elabora así a Teoría Sociocultural onde explica os procesos psicolóxicos superiores na vida social

Vigotski describe dous niveis no estado de desenvolvemento do neno;

- NDP Nivel de desenvolvemento potencial: trátase do nivel intelectual que o neno mostra cando é axudado por un adulto ou un igual máis capaz.

- NDRNivel de desenvolvemento real: nivel intelectual que o neno mostra cando actúa el so.

- ZONA IDONEA OU EFECTIVO: onde o neno é educable, e esta atópase entre a ZDR e a ZDP. Distancia entre o nivel de desenvolvemento potencial determinado a través da resolución de problemas baixo a guía dun adulto ou a colaboración dun igual máis capaz. Esta sería a zona a cal ten que estimular o educador.

É importante situarse na zona de desenvolvemento próximo, partindo do que xa sabe o neno /a, pero ó mesmo tempo lle supoña un desafío. É o que se coñece como mediar o coñecemento, é unha teoría interaccionista e culturalmente mediada.

Ademais, esta teoría fai referencia ós mecanismos cognitivos que son a capacidade de imitación e a linguaxe.

Moi próximo á noción de desenvolvemento potencial que defende Vigotski, Jerome Bruner desenvolve o concepto de Andamiaxe. Este autor é cognitivista, defende o aprendizaxe por descubrimento. A súa teoría explicase a través de dous conceptos claves, a inducción e o andamiaxe:

A andamiaxe: trátase da construción do coñecemento por pisos ou fases; os adultos facilitan a aprendizaxe a través de estratexias.

Cando os nenos medran, precisan de menos axuda co que irán medrando en autonomía e o adulto poderá ir retirando os “andamios” que utilizou para que o neno adquirira dita habilidade.

A inducción: o adulto estimula ó neno para que resolva un problema.

Nesta teoría de Vigotski ten lugar primeiro o aprendizaxe para chegar a un desenvolvemento potencial, na seguinte forma de aprendizaxe, primeiro lévase a cabo o desenvolvemento no nivel efectivo para así dar lugar ó aprendizaxe é dicir son como dúas partes que se complementan unha á outra.

D A D

PIAGET VIGOTSKI

EDUCACIÓN

Experiencia con obxectos: este aprendizaxe correspondese coas teorías cognitivas en concreto co autor Jean Piaget, a través da experiencia con obxectos, o neno/a logra o coñecemento físico actuando directamente, física e mentalmente sobre os obxectos descubrindo como reaccionan, ditas experiencias irán relevando ó neno as características físicas, ó igual que irá relacionando obxectos con outros utilizando o pensamento lóxico-matemático; É dicir se concibe ó neno como un ser activo na construción do seu desenvolvemento.

Piaget define a intelixencia humana como a capacidade de adaptarse ó medio, para que sexa posible deben darse uns factores:

 A maduración

 A experiencia: física (co entorno) e coas persoas( interacción social)

 Equilibración: que consiste no motor do desenvolvemento.

Na construción do coñecemento existen dúas fases:

- O proceso de asimilación no que se pretende incorporar a nova información os esquemas mentais, se non encaixa prodúcese unha resistencia; trátase da aplicación do mesmo esquema en diferentes obxectos e situacións.

- O proceso de acomodación que nos permiten cambiar e modificar os nosos esquemas mentais por nova información que recibimos grazas a novas experiencias; é dicir produce pequenos cambios nos esquemas para adaptarse a novas situacións e require de reorganización de elementos internos e da súa estrutura.

Cando os esquemas que posúe

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (12 Kb)
Leer 8 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com