Criterios De Organización Do Espazo
Enviado por palcwoman • 8 de Abril de 2014 • 5.114 Palabras (21 Páginas) • 221 Visitas
Criterios de organización do espazo
Afectivas Hai que crear puntos de referencia que proporcionen seguridade e estabilidade, espazos para o contacto individual do adulto co neno, recantos íntimos, tranquilos, cómodos.
Autonomía
Nesta etapa pásase dunha total dependencia do adulto a un grao importante de autonomía. Terase que ter en conta a existencia de espazos onde o neno poida actuar libremente, facilitándolle o libre acceso aos materiais, eliminando barreiras arquitectónicas e favorecendo que constrúa ou reinvente os seus propios territorios.
Movemento
Nos primeiros anos vai logrando un progresivo control do seu corpo e cada vez maiores habilidades motrices. Debemos proporcionar espazos que favorezan o movemento, con equipamentos diversos, como ramplas, escaleiras, colchóns, espaleiras...
Socialización
O neno precisa relacionarse e comunicarse con outros nenos e con adultos. Proporcionarémoslle espazos para o grupo e tamén individuais.
Fisiolóxicas
Cales son as necesidades básicas na vida do neno e da nena? O centro de educación infantil debe proporcionar resposta para todas elas, polo que propiciará a existencia de zonas axeitadas para o cambio, a hixiene, a alimentación, o descanso...
Descubrimento, exploración, coñecemento, investigación
O neno continuamente aprende do ámbito, explórao, investiga, constrúe, transfórmao. Debemos facilitarlle ámbitos ricos en estímulos e en experiencias, que promovan a exploración e o descubrimento, a investigación con obxectos e outros materiais diversos.
Por outra banda, o espazo do centro tamén ten que favorecer a actividade lúdica, espazos axeitados para o xogo simbólico, xogos de movemento, de
construción, de invención etc.
• Necesidades dos adultos: os pais e as nais, a persoa educadora e o persoal de servizos tamén deben contar con espazos propios e cómodos onde se sentir a gusto no centro.
É necesario habilitar espazos para os encontros do equipo educativo, o persoal non docente, lugar de reunións e zonas de traballo, un lugar cómodo de encontro para intercambiar impresións, unha randeeira ou cadeira de brazos na aula, un lugar para o encontro e comunicación coas familias, un lugar para realizar reunións cos pais en gran grupo, unha zona para recibir os pais individualmente con intimidade e tranquilidade etc.
• Ámbito comunicativo: o centro destinado á educación de cero a seis anos debe promover un ambiente de comunicación, ofrecer un contorno de relaciónsricas e diversificadas. O ámbito físico pode determinar e contribuír en boa medida a creación deste marco de comunicación, contribuíndo a favorecelo e facilitalo coa súa distribución espacial.
• Espazo-tempo: en educación infantil todos os aspectos están relacionados e poden confluír nun mesmo proxecto. A organización dos espazos relaciónase tamén co xeito de organizar o tempo na escola. Os espazos serven entón para marcar un ritmo, unha sucesión de feitos e actividades na vida diaria (momento do almorzo, xogo, comida, sono, merenda...).
Principios de organización do espazo
• Favorecer o contacto e as relacións entre os nenos e entre os nenos e o adulto, logrando satisfacer as necesidades de socialización e afecto. • Favorecer distintos tipos de actividades: de expresión corporal, de expresión musical, de expresión plástica, de lectura, de xogo simbólico, de movemento, de construción, de lectura de contos etc.
• Promover a aprendizaxe, ofrecendo multitude de estímulos, facilitando o xogo, o descubrimento, a observación, a manipulación e a investigación. Adecuar a climatización, ventilación, decoración e iluminación, co fin de reunir as condicións máis idóneas.
• Adaptarse ás características e necesidades individuais. No caso da existencia dalgún tipo de necesidade educativa especial, deberanse tomar as medidas necesarias. Crear zonas illadas e tranquilas para o descanso, adaptadas ás necesidades de cada idade, así como para a hixiene e a alimentación.
• Adecuarse á organización espacial e do mobiliario atendendo á idade dos nenos, tanto en condicións de seguridade coma de materiais, de distribución etc. Adecuación de espazos para adultos como elementos importantes na escola infantil, zonas de recepción de nenos e pais, zonas de traballo para educadores, zonas de encontros con pais e zonas de reunións de grupo.
• Favorecer tamén a existencia dezonas informativas para as familias como paneis nos vestíbulos, aulas etc. Utilizar todas as zonas do centro como parte integrante deste, motivadoras para realización de actividades, murais, e vehículo de información ás familias.
• Distribuír espazos diferenciados para os nenos de diferentes idades en función das súas necesidades. Crear espazos flexibles para poder adecuarse ás decisións do equipo educativo e ás necesidades e características dos nenos.
Requisitos mínimos dos centros de educación infantil
No Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, establécense os requisitos mínimos dos centros de educación infantil.
PRIMEIRO CICLO
• Situación en locais de uso exclusivo e con acceso independente dende o exterior.
• Unha sala por cada unidade cunha superficie de dous metros cadrados por cada posto escolar e que terá, como mínimo, 30 metros cadrados. As salas destinadas a nenosmenores de dous anos disporán de áreas diferenciadas para descanso e hixiene.
• Un espazo axeitado para a preparación dos alimentos.
• Unha sala de usos múltiples de 30 metros cadrados que poderá utilizarse para comedor.
• Un patio de xogos por cada nove unidades ou fracción, de uso exclusivo do centro, cunha superficie maior de 75 metros cadrados.
• Un aseo por sala destinada a nenos de dous a tres anos, que deberá ser visible e accesible dende esta e que contará con dous lavabos e dous inodoros.
• Un aseo para o persoal separado das unidades e dos servizos dos nenos, con lavabo, inodoro e ducha.
SEGUNDO CICLO
• Os centros deberán contar cun mínimo de tres unidades.
• Unha aula por cada unidade cunha superficie de dous metros cadrados por posto escolar e que terá, como mínimo, 30 metros cadrados.
• Un patio de xogos, de uso exclusivo do centro, cunha superficie maior de 150 metros cadrados.
• Un aseo por aula, que contará con lavabo e inodoro.
NÚMERO DE ALUMNOS POR UNIDADE ESCOLAR
• Unidades para nenos menores dun ano: 8
• Unidades para nenos de dous a tres anos: 20
• Unidades
...