HISTORIA CULTURAL DA FAMILIA E DA INFANCIA: SÉCULOS CONTEMPORÁNEOS (XIX-XX)
Enviado por airun8 • 25 de Septiembre de 2014 • Ensayo • 532 Palabras (3 Páginas) • 400 Visitas
HISTORIA CULTURAL DA FAMILIA E DA INFANCIA: SÉCULOS CONTEMPORÁNEOS (XIX-XX)
• Nestes últimos douscentos anos a infancia dos nenos/as ten cambiado dunha maneira espectacular, de certo que máis ca nos vinte séculos anteriores
• A polémica sobre o recoñecemento da infancia como unha xeira con entidade de seu, con características propias, particulares e con necesidades igualmente específicas, desaparece de xeito definitivo: nas sociedades contemporáneas a infancia dispón dun espazo propio perfectamente recoñecíbel e perfectamente delimitado
• Até tal punto isto é así, que hoxe pódese afirmar que a infancia está situada case no centro das preocupacións das sociedades contemporáneas: ao neno/a hai que protexelo, coidalo, educalo, sacalo do traballo..., mais nada disto aconteceu dun xeito súpeto nos últimos douscentos anos nin, por desgraza, é unha realidade aínda en moitas zonas do planeta
• Respecto da infancia, o XIX (que aquí alongamos até 1914) é un século paradoxal. Por unha banda, e tanto dende a ciencia (medicina, psicoloxía, socioloxía, pediatría...), como dende a literatura como, en menor medida, dende os poderes públicos, a preocupación e o interese pola infancia cada vez é maior, mais ao tempo o XIX continúa a ser un tempo moi difícil para os nenos/as no que seguen a padecer unhas durísimas condicións de vida
• Realidades que veñen de atrás continúan a existir, como por exemplo a dos abandonos de nenos/as. Algúns datos son espectaculares: na cidade italiana de Milán, para 1860, varias investigacións sitúan a taxa de abandono no 30 %; entre 1800 e 1860, fálase de máis de 300.000 nenos/as abandonados nas tres principais cidades italianas; cada ano deixábanse en orfanatos franceses uns 44.000 nenos/as... Nada estraño que algúns historiadores falen dun “fenómeno de masas” para a primeira metade do século XIX. Algunhas testemuñas de nais obrigadas a abandonar seus fillos/as son arrepiantes: “Por favor, coide da miña filliña. A necesidade obrígame a deixala. Non podo seguir a ocuparme dela. Non podo criala. Virei recollela tan pronto como poida”, indicaba unha nota prendida nas roupas dunha nena deixada nun orfanato parisino a comezos do s. XIX; “Rómpeme o corazón, pero non resisto máis; gastei todo o que tiña e xa non podo dar de comer ao meu bebé. Por favor, teñan compaixón do meu filliño, porque do contrario morrerá de fame”, rezaba a nota que acompañaba un bebé entregado en Amsterdam en 1817. Xa que logo, nais obrigadas a abandonar seus fillos/as por necesidade, por pobreza; noutros casos por seren de nais solteiras (no Londres de comezos do século XIX case un 50 % dos nacidos procedían de unións fóra do matrimonio; en París eran o 33 %), ou por non poder atendelos (motivos laborais, por exemplo). En calquera caso, e como conclúe o historiador D.I. Kertzer, “As esixencias económicas, máis ca falla
...