ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

PELÍCULA INVICTUS


Enviado por   •  22 de Abril de 2013  •  1.359 Palabras (6 Páginas)  •  335 Visitas

Página 1 de 6

1. Elabora unha pequeña biografía do líder, Nelson Mandela.

Nelson Mandela, coñecido no seu país como Madiba, naceu en 1918 nun poblado de 300 habitantes en Sudáfrica.

Comezou os estudios de Bachiller en Artes e estudio a carreira de Dereito. Traballou de abogado. Casouse tres veces e tivo seis fillos.

Durante toda a súa vida dedicouse á política. En 1944 ingresou no Congreso Nacional Africano, un movemento de loita contra a opresión dos negros sudafricanos. Xa antes fora un dos líderes da Liga Juvenil del Congreso. A súa ideoloxía era un socialismo africano: nacionalista, antirracista e antiimperialista.

En 1948 chegou ao poder o Partido Nacionalista, que institucionalizou a segregación racial creando o réxime do “apartheid”. O ANC propugnaba métodos de loita non violentos, organizaban compañas de desobediencia civil contra as leis segregacionistas. Máis tarde, Mandela presidiu o ANC, á vez que dirixía aos voluntarios que desafiaban ao réxime. Producironse 8000 detencións, incluída a de Mandela. Foi confinado en Johanesburgo e estableceu o primeiro bufete de abogados negros do país.

Promoveu a “Carta da liberdade” onde se plasmaba a aspiración de un Estado multirracial, igualitario y democrático, unha reforma agraria e unha política de xustiza social no reparto da riqueza.

En 1956 o réxime racista endureceuse e quixo aislar aos negros en núcleos de territorio aislado. O ANC respondeu con manifestacións que levaron á detención de Mandela e foi acusado de traición. Foi absolto por falta de probas.

Houbo unha gran matanza de manifestantes e o ANC desistiu da loita. Un tempo despois Mandela foi elexido secretario honorario do “Congreso de Acción Nacional de Toda Afríca”, un novo movemento clandestino que loitaba mediante sabotaxe contra o Réxime da República Sudafricana. Atacaban instalacións de importancia económica ou simbólica, sin atentar contra vidas humanas.

Mandela viaxou por moitos países africanos recaudando fondos, recibindo instrucción militar e facendo propaganda da súa causa. Ao volver foi detido e condenado a 5 anos de cárcere, pero o xuizo posterior contra os dirixentes da Carta da Nación condenouno a cadea perpetua.

Foi prisioneiro durante 27 anos en penosas condicións. Converteuse nun símbolo de loita contra o apartheid, un home que representaba a falta de liberdade de todos os negros sudafricanos.

Finalmente, Frederik de Klerk, o presidente da república, tivo que ceder ante a evidencia e comezar a desmontar a segregación racial. Liberou a Mandela en 1990, converténdoo no seu interlocutor para negociar o proceso de democratización. Compartiron o Premio Nobel da Paz.

Nas eleccións de 1994 Mandela foi elexido como o primeiro presidente negro de Sudáfrica. Dende ese cargo puxo en marcha unha política de reconciliación nacional.

É un gran home, moi admirado, un líder, que soupo superar todos os seus renconres e buscar a reconciliación entre blancos e negros de Sudáfrica, promovendo sempre a paz, o entendemento e a tolerancia.

2. Características de líder en Mandela.

a)Ser ti mesmo.

Saiu a saúdar á xente poñéndose en perigo. Cando foi á reunión de deportes a intentar convencer para que non cambiaran as cores do equipo de rugby; Alí demostra que non ten medo da reacción da xente ás súas ideas, que o día que teña medo retirarase. Di o que pensa de verdade e comprotase tal e como é, trata de convencer aos demáis e de conducilos, pero non os obriga.

b)Comunicación efectiva

Expresase con moita claridade. Por exemplo cando o gardaespaldas non quere traballar cos blancos e el dille que aí é onde comeza o perdón. É un home asertivo, defende as súas ideas pero dende as boas maneiras e a tolerancia, convenceu aos demáis con boas argumentacións.

c)Expresar interés polos demais, escoitar.

Chama a todo o mundo polo seu nome. Cando lle preguntan a un gardaespalda “¿como é Mandela?” el responde dicindo: Co anterior presidente eu tiña que ser invisible, Mandela enterouse de que me gustan os tofes e tróuxome unha caixa”

e) Outras:

-Facer que a xente saque o mellor de si mesma.

Fai que a xente saque o mellor dela, por exemplo ao principio da película cando lle pediu á xente da oficina do antigo presidente que se quedaran a axudar e a traballar con el.

-Abrirse aos demáis, comunicaicón de dúas vías.

-Crear un ambiente receptivo.

Non castiga a ninguén polas súas opinións. Como na reunión esa onde se puxo firme e falou seriamente para convencelos,

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (9 Kb)
Leer 5 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com