Atención a las unidades de convivencia
Enviado por Sabela019 • 16 de Enero de 2020 • Apuntes • 4.980 Palabras (20 Páginas) • 199 Visitas
UNIDADE DE TRABALLO 1: UNIDADES DE CONVIVENCIA
QUE SON AS UNIDADES DE CONVIVENCIA?
As Unidades de Convivencia son espazos de socialización, humanización e de solidariedades interpersoais.
Conxunto de persoas que viven habitualmente baixo o mesmo teito e que poden estar ligadas ou non por lazos de parentesco, afectividade ou amizade.
Comparten un espazo común onde as interaccións entre os membros se producen de forma continuada.
características:
- Todos os membros comparten un mesmo espazo físico
- Cada membro debe ter o seu lugar
- Cada membro relacionase cos demais formando o grupo convivencial
- Cada membro e portador de moitas influencias que deben encarreirarse para manter o equilibrio da unidade de convivencia
Podemos diferenciar dous tipos de unidades de convivencia:
- Aquelas nas que a convivencia depende da vontade das persoas
- Aquelas nas que a convivencia depende da sociedade
CONCEPTO DE FAMILIA
A Organización Mundial da Saúde(OMS) di que a familia son os membros do fogar emparentados entre sí, ata un grao determinado, por sangue, adopción e matrimonio. O grao de parentesco dependerá dos usos os que se destinen os datos.
A efectos censuais defínese a familia como persoas vinculadas xeralmente por parentesco que fan vida en común e ocupan a totalidade dunha vivenda. Así a familia é unha institución transcultural cunha dobre función: a biolóxica da supervivencia e a sociocultural de transmisión de valores, coñecementos.
O análise da institución familiar, lévanos a 3 elementos clave do sistema familiar:
- A estrutura familiar: Son os elementos que compoñen o sistema familiar e a vinculación entre eles e como se organizan.
- A dinámica familiar: É a interacción (sentimentos, motivacións, calidade de comunicación, pautas de conduta, etc).
- O ciclo vital; Son as distintas etapas da vida dunha familia e as crises que aparecen en cada unha delas.
A FAMILIA COMO INSTITUCIÓN SOCIAL
A familia ten como fin primordial a socialización dos seus membros, a autonomía e a identidade.
Podemos dicir, que satisfai as seguintes necesidades:
- Sexual: Encontro afectivo coa parella, ademais de ser a base reprodutiva.
- Económica: A familia desenvolve as súas capacidades e habilidades para satisfacer e manter as necesidades materiais.
- Educativa e social: Transmítese a cultura, os valores, as tradicións, as normas e os principios base para a integración na sociedade.
- Afectiva: Exprésanse sentimentos de amor, lealdade, e recoñecemento.
- De apoio e seguridade: A familia é o refuxio onde se atopa axuda nos momentos de crise
A familia cumpre unhas funcións básicas cara os individuos coma cara a sociedade. Cando estas funcións non se cumpren xorden unha serie de problemas: abandono dos fillos, malos tratos, hábitos inadecuados,etc. As funcións da institución familiar son:
- Control: modo de impoñer un orden e unha disciplina que axude a conseguir as metas establecidas.
- Asignación de roles: Cada membro ten un papel que cumprir
- Resolución de conflitos: Poden xurdir por diferentes actitudes en canto a valores, regras ou normas introducidas polos membros da parella dende a súa familia de orixe, así como por unha comunicación inadecuada entre eles, etc.
- Desenvolvemento persoal: Cada membro necesita que se lle proporcionen as posibilidades para desenvolverse individualmente.
EVOLUCIÓN DA FAMILIA
A evolución tanto económica como sociolóxica das sociedades determinou os cambios na vida social, laboral e familiar. O grupo familiar contemporáneo caracterízase pola súa continua renovación, debido aos cambios de mentalidade, a laicización da sociedade, a lexislación, a mobilidade laboral e xeográfica.
A familia tradicional caracterízase, pola existencia dunha estrita diferenciación de funcións baseadas no sexo e a idade dos seus compoñentes. O pai traballa fora da casa e a muller compaxina o coidado das persoas maiores coas tarefas domésticas.
Na familia moderna, os roles familiares son mais flexibles, a autoridade paterna e marital debilítase porque é compartida polos cónxuxes e prodúcese unha relación de igualdade entre o home e a muller.
A familia esta a sufrir importantes transformacións que afectan ao concepto de si mesma. Así o seu valor explicativo para a intervención social esta a perder forza, sendo substituído progresivamente polo novo concepto de Unidades de convivencia, que de algún xeito da cabida a todas esas situacións convivenciais difíciles de encaixar no concepto legal de familia.
As causas deste proceso de desinstitucionalización da vida familiar son diversas:
- a) O nivel ético das relacións afectivas e de convivencia.
- b) A democratización, flexibilización e negociación nos roles familiares.
- c) A diminución e o atraso da nupcialidade.
- d) A progresiva incorporación da muller ao mercado laboral remunerado.
- e) Divorcio coma elemento regulador da vida en parella, co conseguinte incremento das familias monoparentais ou reconstituídas.
- f) A caída da natalidade.
- g) Maior permanencia da xente nova no fogar.
- h) A maior autonomía dos anciáns.
- i) Aumento dos fogares unipersoais.
TIPOS DE FAMILIA
Na familia nuclear só entra o pai, a nai e os fillos que viven con eles. É o tipo de familia mais estendido en España. Dentro deste tipo de familia, atopámonos diferentes acepcións:
- Familias cun só fillo
- Familias numerosas (3 ou mais, 2, un deles con discapacidade, etc.),
- Familia uninuclear, referida ao matrimonio sen fillos ou que están emancipados.
A Familia extensa pode ser polinuclear, cando agrupa varios núcleos familiares ou cando conviven varias xeracións.Tamén pode ser ampliada cando se engaden outros parentes. Se encargan de realizar a maior parte das funcións asistenciais e educativas.
...