Tarea 1 Primeros Auxilios
Enviado por Saskia gonzalez amoedo • 4 de Mayo de 2019 • Tarea • 555 Palabras (3 Páginas) • 130 Visitas
- Contesta as seguintes preguntas:
- Como se aplicaría a conduta PAS neste accidente?
Protexer, alertar e socorrer.
Protexer: Neste caso María se protexería a si mesma e a Uxía, polo tanto, axudaría a Uxía a saír dos aseos, xa que o axente irritante encontrase dentro.
Alertar: María pediría auxilio (berrando).
Socorrer: María comproba o estado de Uxía cunha valoración primaria, comprobando a consciencia e os signos vitais de María, para descartar que a súa vida corra perigo. Unha vez rematada a valoración primaria María alertará o 112, e comezará coa valoración secundaria ata a chegada dos sanitarios.
- Como debe actuar María ante esta situación de compromiso na que se atopa a súa compañeira?
Uxía perdeu o coñecemento, polo tanto María terá que comprobar o estado da súa consciencia.
Axeonllarase a altura dos seus ombreiros e a axitará sen brusquidade mentres lle berra. Se non responde, probará cun estímulo doloroso. No caso de non responder está inconsciente, e María terá que abrirlle a vía aérea coa manobra fronte-queixo, e retirará obxectos estraños se os atopa. Para realizar esta manobra Uxía estará boca arriba no chan. Comprobará se respira mantendo a apertura da vía aérea. Para ver, oír e sentir, non máis de 10 segundos.
[pic 1] [pic 2]
- Como debe actuar a continuación? Describe a posición na que debe colocar a súa compañeira.
María comprobou que Uxía está inconsciente e que respira. Fará unha valoración secundaria “rápida” e se aínda non alertou o “112” é o momento.
Comprobou que non ten traumatismos nin hemorraxias, así que procederá a colocala en PLS.
Fig. 1: María axeonllarase o lado de esquerdo de Uxía, a altura dos ombreiros. Colocará a man que ten máis cerca en un ángulo de 90 grados.
Fig. 2: A outra man a colocará no ombreiro contrario. A perna do mesmo lado a flexionará para que a planta do pé quede totalmente pegada o chan. A colle polo ombreiro e o xeonllo que ten máis lonxe e a xira cara o lado esquerdo. A man que lle queda pegada a cara, quedará debaixo da súa fazula, ca palma da man cara abaixo.
Fig. 3: María ten que mover o xeonllo para que quede nunha posición estable.
Fig. 4: Posición Lateral de Seguridade.
[pic 3]
- Clasifica ás vítimas con tarxetas de cor segundo a prioridade nas que as atenderías.
- Home duns 40 anos camiñando gritando: axuda!!! VERDE
- Muller nova tendida na beirarrúa boca arriba. Consciente. Ventilación espontánea. VERDE
- Sentado na beirarrúa hai un señor de 70 anos, ansioso, repite continuamente que que pasou, con deformidade e impotencia funcional do membro inferior. AMARELA
- Na estrada tombado un mozo. Non respira, non ten pulso. NEGRA
- No exterior do vehículo. De pé, coa mirada perdida unha moza nova. Non feridas visibles. Respira espontáneamente. VERDE
- Atrapado sobre o volante un mozo duns 25 anos. Inconsciente. Respira. Cianótico. VERMELLA
- Elabora unha listaxe co material e produtos necesarios para constituílo, tendo en conta as características do teu contexto laboral.
Botiquín de Primeiros Auxilios | |
Material de cura e vendas | Guantes de Latex Algodón Compresas e gasas estériles (diferentes tamaños) Apósitos estériles Tiritas (diferentes tamaños) Apósitos de tul graso para queimaduras Suero fisiolóxico (diferentes tamaños de vial) Vendas Esparadrapo |
Antisépticos | Povidona iodada Clorhexidina |
Instrumental | Texoiras de cura Pinzas de punta redondeada Termómetro |
Medicación | Antihistamínico Paracetamol Gel específico queimaduras |
Otros | Toallitas limpiadoras sin alcohol Manta térmica Manual de primeiros auxilios |
Imaxe 1: http://unaccidentedenoche.weebly.com/maniobra-frente-mentoacuten.html
...