Tarea 3 Primeros Auxilios
Enviado por Saskia gonzalez amoedo • 31 de Marzo de 2019 • Tarea • 450 Palabras (2 Páginas) • 235 Visitas
TAREA 3.1 PARA A UD03
1. ESQUEMA DE ACTUACIÓN ADECUADA EN CASO DE HEMORRAXIA EXTERNA SEN TRAUMATISMO, no caso exposto.
I. Valoramos o estado da vítima e gravidade da hemorraxia, xa que o tratarse dun neno hai máis risco de choque hipovolémico, os síntomas son:
- Confusión ou diminución da lucidez mental
- Suor fría
- Palidez e beizos azulados extremidades pálidas e frías
- Pulso débil e acelerado
- Recheo capilar lento
- Sensación de sede
- Presión arterial baixa
- Respiración rápida e superficial
II. Procuramos que o neno se sente ou se deite xa que está perdendo sangue.
III. Mantemos a neno quente (o cubrimos cunha manta).
IV. Aplicamos as técnicas de hemostasia:
- Aplicamos presión directa con gasas limpas sobre a ferida do neno sen retiralas, aínda que se enchoupen, nese caso colocaremos máis gasas encima.
- Elevamos a perna do neno mentres seguimos presionando a hemorraxia, en caso de que no se sospeite que teña una fractura ou lesión de columna.
No caso de que as dúas técnicas anteriores non foran efectivas debemos actuar sobre o fluxo sanguíneo:
- A ferida se encontra na perna, a presión faise sobre a ingua, sobre a arteria femoral, e comprímese co puño ou co canto da man.
- En caso de que os servizos de emerxencia tardaran podríamos facer un torniquete, pero non é recomendable, xa que poden aparecer complicacións como a gangrena e amputación cirúrxica do membro.
Esperamos a chegada dos servizos de emerxencia sen deixar de presionar, e observamos o estado do neno, xa que a perda de sangue pode producir un choque hipovolémico.
2. ESQUEMA DE ACTUACIÓN PARA UN ACCIDENTE ELÉCTRICO, no caso exposto.
a) Protocolo de actuación en electrocución.
O primeiro liberar a vítima da corrente eléctrica.
No caso exposto teríamos que desenchufar o calefactor para cortar a corrente do aparato, se non fora posible teríamos que desconectar o interruptor principal.
Se nos fose imposible desconectar a corrente buscaríamos un obxecto de material illante como son o plástico e a madeira, e usaríamos ese obxecto para afastar a vítima do calefactor.
Unha vez liberada aplicamos os primeiros auxilios adecuados segundo o estado no que se atope.
b) Lesións que pode ter a vítima, e técnicas de PAUX a aplicar.
- Queimaduras internas ou externas: Refrescar a zona queimada con auga en abundancia e non retiras a roupa queimada, e envolver con gasas limpas e humedecidas en soro a zona afectada
- Contracción muscular.
- Asfixia: comprobar a respiración e iniciar RCP se é necesario.
- Alteración do ritmo cardíaco: comprobar pulso
...