ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Papaventos Xavier Queipo


Enviado por   •  17 de Julio de 2012  •  301 Palabras (2 Páginas)  •  562 Visitas

Página 1 de 2

Necesito un DATOS DEL LIBRO

15.0x22.0cm.

Nº de páginas: 200 págs.

Editorial: XERAIS

Lengua: GALLEGO

Encuadernación: Tapa blanda

ISBN: 9788483026175

Año edicón: 2001

Plaza de edición: VIGOSINOPSIS

En Papaventos, Xavier Queipo transpórtanos desde as douradas praias de California ó País da Brétema, pasando por Chicago, a cidade onde o protagonista coñecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidade emocional.

A historia de Papaventos ten a súa orixe na morte de Giovanni Portiero, traductor de José Saramago ó inglés. Portiero morreu cego, logo dunha longa enfermidade incapacitante e ó pouco de rematar a traducción de Ensaio sobre a Cegueira. Saramago contoullo, totalmente abraiado, a Donzelina Barroso, nunha entrevista que lle concedeu para a revista literaria The Paris Review, editada en Nova York no inverno de 1998, logo de recibir o Premio Nobel. Xavier Queipo quere �que ninguén procure outra semellanza. Agás esta anécdota, que dá orixe ó conflicto da novela, o resto da trama, é ficción. Por respecto a Portiero. Por respecto a Saramago. Por respecto a quen lea esta novela�.A partir, pois, desta anécdota real Queipo ensarilla unha historia que narra a desposesión da luz, a privación da seguridade que ofrece a percepción dun mundo de coordenadas coñecidas, para se mergullar na loita interior dun personaxe enfrontado coa fatalidade.Papaventos é unha novela de amor e confusión, de busca e desposesión dos sentidos, unha viaxe iniciática, unha procura constante da iluminación e do equilibrio.

Xavier Queipo (Santiago, 1957) ten publicado Ártico e outros mares (1990), Premio da Crítica Española; Ringside (1993), Diarios dun nómada (1993), Contornos (apuntes de filosofía natural, Xerais 1995), O paso do noroeste (1997), Premio García Barros; Mundiños (microrrelatos científicos, Xerais 1997), Manual de instruccións (ensaios de antropoloxía cultural, Xerais 1999), Malaria sentimental (novela, 1999) e Papaventos (novela, Xerais 2001).

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (2 Kb)
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com