Deuses e homes
Enviado por Eva Garea Traba • 11 de Octubre de 2015 • Práctica o problema • 15.339 Palabras (62 Páginas) • 165 Visitas
DEUSES E HOMES
A orixe do termo relixión vincúlase ao verbo latino religare que significaba volver a establecer lazos ou relacións, no caso da relixión estes serían entre o ser humano e Deus. A relixión relaciona as persoas cun ser superior do que se recoñece dependente. A aceptación desa dependencia fai que o crente oriente a súa vida en relación con ese ser superior de forma que tódolos seus actos se ven modificados por esa crenza. O individuo relixioso recoñece esa relación real de dependencia coa divinidade e expresaa mediante palabras, xestos, e ritos especiais que configuran unha determinada relixión.
A relixión plantexa sempre unha relación persoal cunha entidade con vontade e intelixencia coa que é posible a comunicación e non con forzas cegas da natureza. Por iso, a relixión plantexa sempre un dialogo, dun tipo especial porque ao ser Deus superior ao home as palabras e xestos que se usan para a comunicación son sempre imperfectos e, polo tanto, o ser humano deberá recorrer a símbolos que estan cargados dun valor que os sobrepasa. Aínda que o ser humano pode dirixirse a deus de moitas formas distintas e en moitas circunstancias, case sempre se elixen lugares, obxectos e expresións concretas que se reservan para ese fin e se consagran a Deus e que se fan sagrados.
Millóns de persoas no mundo cren que existe un Deus creador do mundo e da humanidade. Entre as relixións máis difundidas están, en orde de importancia (polo número de practicantes), as seguintes: Cristianismo, Islamismo, Hinduismo, Budismo, Confucianismo, Shintoismo, Taoísmo e Xudaísmo. A estas relixións hai que engadir o Zoroastrismo, os cultos africanos e as manifestacións relixiosas dos pobos aborixes. Así, pódese dicir que máis de dúas terceiras partes da humanidade creen na existencia da divinidade. Sen embargo, a relixión ten sido un dos factores máis importante nas loitas entre civilizacións, das guerras, das discriminacións e persecucións.
Para pensar.......
Antes da creación do mundo
e antes de que existira ninguhna forma,
Deus estaba só, sen rostro nin semblante.
¡Quén puidera comprender a Deus tal e como era antes!.
El Zohar o O libro do Esplendor
ACTIVIDADE EMPÍRICA
ESQUEMA DE TRABALLO
Análise | Traballo de campo Recollida de información sobre.... |
Rituais Oracións Ofrendas Festividades | |
Análise | |
Conclusións |
Palabras para facelo, xestos para dicilo
Unha das tarefas fundamentais de calquera estudioso das relixións consiste en comprender cales son os seus compoñentes fundamentais. O antropologo dirixe o seu estudio, a maior parte das veces, cara outras culturas, lonxanas no espacio ou no tempo. Aquí faremos o exercicio contrario, dirixirnos cara a nosa cultura para atopar nela eses elementos fundamentais no exercicio da relixión. Estes elementos permiten que o ser humano se comunique ou poña en contacto coa divinidade e, en ocasións, se sinta unido a ela ou mesmo posúido por ela.
Levaremos a cabo a tarefa de recoller e clasificar eses elementos de acordo as súas funcións e a importancia que teñen dentro da tradición cristiana. Pero tamén atendendo ás súas orixes ancestrais e as conexións que poidan ter con tradicións máis primitivas que a relixión actual.
No noso contexto cultural, as formas de expresión relixiosa teñen cambiado moito, pois vivimos nunha sociedade urbán, na que o sentimento de relación coa divinidade abandonou, en grande mdida, as manifestacións rituais públicas, para converterse nun fenómeno privado.
Aínda así as tradicións seguen a estar pesentes en forma de ritos de pasaxe (bodas, bautizos...), tamén na celebración de festas e, moito máis importante, na memoria dos nosos maiores.
O traballo que se proón consiste en recoller as tradicións de orixe relixiosa que todavía perviven na nosa sociedade.
Ver CD
Rituais
Completa o seguinte cadro:
rito | Finalidade | Etapa da vida | orixe |
Para contestar consulta se o precisas as seguintes direccións:
http://www.corazones.org/sacramentos/eucaristia/ensenanza/sacrificio%20de%20alabanza.htm Decribe o rito da comunión ou eucaristia cristiano.
http://www.homestead.com/montedeoya/rituales.html. Sobre a importancia da morte e os rituais relixiosos que se derivan desa importancia. Intenta un percorrido histórico.
Describe tódolos ritos que teñen lugar ao longo da misa cristiana
http://www.idiel.cl/paganismo/ritos/pdf/introduccionrito.pdf Descrición dos tipos de rito que se poden establecer. Fundamentalmente dos ritos de pasaxe. Con conclusións que se poden extraer para todo tipo de ritos.
Oracións
Completa o seguinte cadro:
oración | Finalidade | Usáse en | Características |
Para axudarte na tarefa podes recurrir ás seguintes direccións de internet:
http://www.corazones.org/oraciones/basicas.htm Oracións fundamentais do cristianismo e o catolicismo.
http://www.encuentra.com/includes/seccion.php?IdSec=73 Trata a oración en xeral ¿en que consiste? Tipos, oracións...
http://orbita.starmedia.com/sma.trinidad/oraciones.html Máis oracións cristianas
Ofrendas
Completa o seguirte cadro:
Que se ofrece | Finalidade | Individual ou colectiva? | Cando se usa? |
Para contestar consulta se o precisas as seguintes direccións:
...