ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Recensión Filosofía da Linguaxe II


Enviado por   •  5 de Abril de 2014  •  1.491 Palabras (6 Páginas)  •  398 Visitas

Página 1 de 6

David González Boyero

Filosofía da Linguaxe II

Recensión nº1

Obra: Apostolos Doxiadis e Christos Papadimitriou; Logicomix. Una búsqueda épica de la verdad, Tr. Julia Osuna Aguilar e introducción de Fernando Savater, 2011, Ediciones Sins Entido

Este cómic, creado por Apostolos Doxiadi e Christos Papadimitriou, e ilustrado por Alecos Papadatos e Annie Di Donna, trata de amosarnos ó complexo mundo das matemáticas, en concreto ó acaecido no período do desenvolvemento da filosofía analítica durante a primeira metade do século XX, dun xeito peculiarmente divertido e desenfadado, e que a través das vivencias das súas personaxes, nos afonda no camiño da procura da verdade.

Pero antes de continuar coa recensión do cómic, compre falar un pouco dos seus autores, co fin de poder contextualizalo mellor, e así obter un coñecemento máis rigoroso e profundo. En primeiro termo, cabe salientar da figura de Apostolos Doxiadis, quen estudou matemáticas na Universidade de Columbia, o feito de ser un dos pioneiros que apostou pola interacción entre as matemáticas e a narrativa, o cal queda patente nesta obra, pero tamén na súa primeira obra, El tío Petros y la conjetura de Goldbach, coa cal acadou un éxito internacional. O seu outro pai, Christos Papadimitriou, destaca por ser catedrático de Informática na Universidade de Berkeley e por ter numerosos estudos sobre a complexidade computacional e a teoría de xogos e algoritmos. Tamén e salientable o feito de que escribise a novela Turing: a novel about Computation. E finalmente, pois os ilustradores son parte fundamental deste novo xénero literario, Alecos Papadatos e Annie Di Donna teñen xa unha certa bagaxe no eido ilustración, con distintos traballos no mundo cinematográfico da animación, así como traballos viñetistas varios.

Logo de coñecer algo mellor os seus autores, cabe salientar a temática que aborda este cómic, que coma xa adiaramos na introdución, nos sitúa na primeira metade do século XX, momento fundacional da filosofía analítica e no que se dan toda unha serie de grandes avances no eido matemático e lóxico. Esta historia está narrada fundamentalmente a partir da figura do xenial e polifacético Bertrand Russell, das súas relacións co seu axitado tempo, así como da confluencia intelectual e persoal que ten cos afamados membros de Círculo de Viena. Non obstante, outro eixo narrativo importante é o referido ós propios autores do cómic, que trazando un estilo autorreferencial, eríxense como co-protagonistas da propia obra e, nunha disposición dialóxica, aclaran as distintas problemáticas, tanto biográficas como matemáticas, que lles van xurdindo no proceso de elaboración da obra.

A estrutura da obra está disposta en varias partes: En primeiro lugar, nos atopamos coa obertura, que nos presenta ós autores da obra, de aí que antes falaramos do carácter autorreferencial desta, os cales son situados no proceso de configuración da propia obra. Estes, a súa vez, sitúan o punto de partida da historia na figura de Russell, o cal se dispón a presentar unha conferencia sobre a importancia da lóxica nos asuntos humanos no medio da polémica suscitada polo inicio da Segunda Guerra Mundial.

Tras a posición inicial na que nos sitúan, Russell, que como xa dixemos, é o fío condutor desta historia, disponse a narrar a súa autobiofrafía co fin de poder solucionar o problema acaecido na primeira secuencia de viñetas, onde Russell, quen foi coñecido fundamentalmente polo seu marcado aceno pacifista, é interpelado por un grupo de manifestantes, coñecidos como os aislacionistas, e que se opoñían á participación dos EEUU na guerra. Este método autobiográfico plantexado polos autores é unha forma de metarrelato que lle proporciona ó desenvolvemento da obra unha maior viveza e axilidade. Á opertura seguenlle catro capítulos, nos que Russell narra a historia da súa vida, historia que xira fundamentalmente en torno a dúas cuestións, o medo á tolemia, emoción fundamental humana e que vemos como acompaña a Russell durante case toda a súa vida, e o amor polas matemáticas, emoción que tamén será compañeira de viaxe do noso protagonista. Como vemos, a paixón e a emoción son dous vórtices fundamentais neste cómic, onde os heroes son matemáticos, lóxicos e pensadores, e os enimigos son os posibles monstros que xorden da ambivalente condición humana, e que só a razón pode combater. No transcurso destes catro primeiros capítulos vemos como no mozo Russell evoluciona e madura o seu férreo amor polas matemáticas, e como a súa ansiada procura da verdade o leva a buscar o fundamento das matemáticas na creación dunha nova

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (9 Kb)
Leer 5 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com