Comentario película "No soy un hombre fácil"
Enviado por Xcoss GaR8 • 5 de Noviembre de 2019 • Trabajo • 511 Palabras (3 Páginas) • 349 Visitas
Comentario da película:
“No soy un hombre fácil”
[pic 1]
- Ficha técnica
Título | No soy un hombre fácil |
Duración | 98 minutos |
Ano | 2018 |
Productora | Autopilot Entertainment / Film Invaders / LOVEMYTV / MademoiselleFilms |
Dirección | Eleonore Pourriat |
Guión | Ariane Fert, Eleonore Pourriat |
Música | Fred Avril |
Fotografía | Penélope Pourriat |
Reparto | Vincent Elbaz, Marie-Sophie Ferdane, Pierre Bénézit, Blanche Gardin, Moon Dailly, Céline Menville, Camille Landru-Girardet |
- Resumo
Esta película francesa que intenta ridiculizar os reles de xénero, conta a historia de Damien. Este é o protagonista principal do filme, que se caracteriza polas súas actitudes machistas, berrando ás mulleres pola rúa.
Despois de un forte golpe na cabeza, o mundo cambia pasando a ser os homes os que sofren a opresión e as mulleres pasan a ser o xénero dominante, todo o contrario ó que pasa na nosa realidade.
- Comentario
Son moitos os aspectos os que se poden ver reflectidas nesta película de Eleonore Pourriat, dende as burlas que reciben os “masculinistas” por manifestarse ata a depilación, onde podemos ver que os homes, por imposición das mulleres, deben ir perfectamente depilados.
Para comezar, é importante comentar as actitudes que vemos no protagonista ao comezo do filme, por exemplo cando vai andando pola rúa e comeza a lanzar comentarios cara as mulleres que pasan ao seu arredor. Este non é un acto que se afaste da realidade. Estas actitudes veñen marcadas dende fai moito tempo pola superioridade que os homes exercen sobre as mulleres dende o sistema patriarcal tradicional, dando a súa opinión publicamente sen saber se a eles lles apetece ou non oír ese tipo de comentarios.
Tamén podemos destacar, despois de que Damien se da o golpe na cabeza, o cambio que hai nos postos de liderazgo no traballo. Podemos ver que ningún home forma parte deses postos máis altos, facendo unha crítica á nosa realidade, onde as mulleres se atopan co teito de cristal, barreiras que dificultan o progreso na súa carreira profesional e o ascenso a postos de máis responsabilidade.
Poderíamos seguir comentando escenas, como a imposición de que homes deben ir perfectamente depilados, o encontro sexual onde a muller é a única que chega a ter un orgasmo, a fortaleza e vitalidade representadas polas mulleres e a sensibilidade que representan os homes.
...