Empresa conserveira "Seivane SL"
Enviado por Christian Fustes • 1 de Abril de 2020 • Tarea • 1.460 Palabras (6 Páginas) • 123 Visitas
Tarefa para a UD07
ACTIVIDADE 1
Identificar e resolver as modificacións de contrato que se realizaron na empresa conserveira "Seivane SL".
Ana Seone traballa nas conserveiras desde hai dez anos. A súa tarefa é controlar a calidade do produto. A empresa vén de comunicarlle unha modificación das súas condicións de traballo que suporía desenvolver funcións dunha categoría profesional inferior, xa que pasaría a traballar como operaria no traballo de filetear peixe. A empresa xustifica está decisión con unha causa obxetiva. ¿En que situación está Ana? ¿Què dereitos ten?.
Ana está nunha situación de mobilidade funcional para a realización de funcións nun grupo profesional de categoría inferior que só será posible cando existan razóns técnicas ou organizativas que o xustifiquen, sendo o empresario/a o que deberá comunicar esta decisión e as súas razóns aos representantes dos traballadores.
Os dereitos de Ana son:
- estar nese posto o tempo imprescindible.
- manter a retribución do posto de traballo de orixe.
Santiago Portela traballa na empresa como informático e dedícase ao mantemento de equipamentos informáticos. Hai dez días a empresa comunicoulle que no prazo de 30 días sería trasladado de Vigo a outra fábrica que a empresa ten en Viveiro, o que lle supón cambiar o seu enderezo. Santiago quere saber que opcións ten ante esta mobilidade xeográfica.
Notificada a decisión, a persoa poderá optar por:
- Trasladarse con dereito a unha compensación por gastos tanto propios como os de familiares
ao seu cargo.
- Extinguir o contrato, percibindo unha indemnización de 20 días de salario por ano de traballo, cun máximo de doce mensualidades.
- Trasladarse pero demandar a empresa ante o Xulgado do Social, que declarará o traslado como xustificado ou inxustificado. Neste último caso, o traslado deixará de ser efectivo e a persoa será reincorporada ao seu traballo de orixe.
ACTIVIDADE 2
Construcións Metálicas Andrade SL" recibe a comunicación de Antón Pérez, que solicita unha excedencia para coidar o seu fillo, que ten un ano.
A)-¿Qué duración poderá ter esta excedencia?
Excedencia por coidado de familiar para atender ao coidado do seu fillo/a por natureza. Poderá ter unha dureación de ata tres anos desde o seu nacemento.
B)-¿Qué efectos supón esta suspensión?
- Computa para efectos de antigüidade.
- Dá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, a cuxa participación deberá ser convocado/a polo/a empresario/a, nomeadamente con ocasión da súa reincorporación.
- Durante o primeiro ano resérvase o posto de traballo. Pasado o devandito prazo, só ten dereito a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.
C)-¿Qué diferenza haberá entre que Antón solicite a excedencia para coidar o seu fillo ou para coidar o seu pai?
A duración neste caso da excedencia non pode ser superior a 2 anos.
D)-¿Qué ocorrerá se Antón ten un novo fillo e solicita unha nova excedencia? Buscar a resposta no Estatuto dos Traballadores e no convenio colectivo do metal.
O novo período de excedencia pon fin á excedencia da que estaba disfrutando.
ACTIVIDADE 3
Indica nos seguintes casos se se trata dunha suposto suspensión ou de extinción do contrato: -Folga dun traballador: Suspensión
-Despedimento dun traballador: Extinción
-Descanso por paternidade: Suspensión
-Cesamento voluntario do traballador: Extinción
-Exercicio dun cargo público (deputado no Congreso): Suspensión
-Baixa médica debido a unha enfermidade grave: Suspensión
ACTIVIDADE 4
Indica en relación a cada caso concreto de extinción, os dereitos económicos (indemnización e liquidación) do traballador ou a traballadora e se acha ou non en situación legal de desemprego.
En todos os supostos de extinción a empresa poñerá a disposición do traballador o “finiquito” no que aparece a liquidación das cantidades debidas (salario, vacacións pendentes e pagas extraordinarias) podendo o traballador solicitar a presenza dun representante legal no momento de proceder á firma do mesmo.
Sinala se teñen dereito a indemnización e si se atopan en situación legal de desemprego
-Despedimento por causas obxectivas: indemnización de 20 días por ano de servizo, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades. Durante o período de preaviso o/a traballador/a terá dereito, sen perda de retribución, a unha licenza de 6 horas semanais co fin de buscar novo emprego.
-Dimisión dun traballador/a: non dará dereito a ningunha indemnización, pero é necesario avisar o/a empresario/a da decisión de dimitir. Neste caso, o despedimento terá plenos efectos e estará en situación legal de desemprego.
-Finalización dun contrato eventual por circunstancias da produción: dereito a unha indemnización da parte proporcional da cantidade que resultaría de aboar 12 días de salario por ano de servizo ou a establecida por convenio pasando os traballadores/as a estar en situación legal de desemprego.
...