Administración de finanzas
Enviado por SVM5385 • 31 de Enero de 2018 • Apuntes • 1.215 Palabras (5 Páginas) • 92 Visitas
ACTIVIDADE 1
PREGUNTA 1
Lehman Brothers Holdings Inc foi unha compañía global de servizos financeiros de Estados Unidos fundada en 1850. Dedicábase á banca de investimento, xestión de activos financeiros e investimento en renda fixa, banca comercial, xestión de investimentos e servizos bancarios en xeral.
Antes de declararse en quebra en 2008, Lehman Brothers era o cuarto banco de investimento máis grande de Estados Unidos.
PREGUNTA 2
Anton Valukas, asignado para estudar as causas do fracaso de Lehman Brothers, sinalou como un dos responsables da caída desta compañía ao ex presidente executivo, Richard Fuld, que segundo dita o informe «foi moi neglixente ao causar que Lehman presentara informes de períodos con información incorrecta».
Así mesmo, culpa aos administradores, que adoptaron unha conduta que «contemplaba desde erros serios non dolosos nas decisións de negocios ata manipulación premeditada dos balances», cun dispositivo de contabilidade chamado Repo 105, mediante o cal falsearon as contas, extraendo preto de 50.000 millóns de dólares de activos indesexables no canto de vendelos como perdas.
PREGUNTA 3
Non, en Lehman Brothers non se actuou de xeito ético, xa que se lle ocultou aos reguladores gobernamentais, ás axencias cualificadoras, aos investidores e á xunta directiva a verdadeira situación que atravesaba o banco.
Este comportamento inmoral, manipulando a información contable e maquillando as contas mediante o emprego do dispositivo Repo 105 en diversas ocasións e as súas consecuencias, pon de manifesto que a falta de ética na empresa provoca o derrubamento da mesma.
PREGUNTA 4
Non, precisamente a falta dun bo goberno foi a orixe da crise que os levou á bancarrota.
Un bo goberno é aquel que trata de facer os negocios de forma ética. Como consecuencia destas boas prácticas, a empresa e, polo tanto, tódolos que pertencen a ela, acadan os obxectivos que se fixaron nun principio.
En Lehman Brothers non houbo un goberno eficaz e transparente, no que os seus membros actuaran con integridade, características fundamentais das boas prácticas do goberno corporativo.
PREGUNTA 5
Os stakeholders de Lehman Brothers, isto é, a comunidade de implicados ou afectados pola súa actividade empresarial son: os directivos do banco, primeiros implicados e principais interesados; os empregados, que perderon o seu traballo co peche da compañía; os accionistas, que coa solicitude de bancarrota viron como o valor das accións se reducía nun 95%; e os clientes, que depositaran a súa confianza no banco.
ACTIVIDADE 2
PREGUNTA 1
No ranking elaborado polo Instituto Ethisphere constan empresas dedicadas a sectores tan diversos como:
Automóbil (Volvo, Ford Motor Company)
Venda polo miúdo (Marks & Spencer)
Produtos de consumo (Colgate-Palmolive Company, HASBRO.INC)
Roupa (H&M, Levi Strauss & Co)
Alimentación (PepsiCo, Grupo Bimbo, Kellog Company)
Beleza (L'ORÉAL)
Malia que constan empresas de diferentes países como Italia, México, Suecia, Francia, India ou Reino Unido, cabe destacar que na súa maioría pertencen a Estados Unidos. Das 124 empresas recollidas na lista, só aparece unha española, Iberdrola, grupo empresarial dedicado á produción, distribución e comercialización enerxética.
PREGUNTA 2
Este documental sobre a obsolescencia programada invita a reflexionar sobre as empresas que teñen como obxectivo provocar un consumismo masivo, deseñando os seus produtos para que duren moito menos do que poderían facelo.
Desde un punto de vista ético, as empresas que aparecen na reportaxe, non levan a cabo prácticas de bo goberno corporativo, xa que actúan cunha falta de transparencia co consumidor, con coaccións a traballadores para que non se avance, e mesmo levando a cabo estrataxemas ilegais para se desfacer dos produtos inservibles.
A creación en 1924 do cartel Phoebus, que coaccionaba aos produtores para que fabricaran bombillas cunha duración máxima de 1000 horas, e establecía multas aos que non obedeceran dita norma; ou as instrucións dadas por Dupont á sección de deseño para que
...