Pascicultura e sistemas agroforestais
Enviado por sara fernandez rodil • 20 de Diciembre de 2017 • Apuntes • 6.382 Palabras (26 Páginas) • 307 Visitas
Pascicultura e sistemas agroforestais
Pascicultura: Cultivo de pastos
Sistemas agroforestais: Combina o cultivo agrícola co forestal. Dentro destes sistemas temos outros subsistemas, destacando os sistemas silvopastorais onde se combinan os árbores forestais co pastoreo
Pasto: Plantas que serven de alimento para os animais. Poden ser herbáceas ou leñosas
Prado: Tapiz herbáceo natural ou seminatural. Establécese de forma natural, sen sementar
- Seminatural: Para o seu mantemento necesítase certa intervención humana
- Natural: Danse cando por razóns climáticas non se pode establecer matorral nin zonas arboradas. Son prados estables no tempo, mantéñense sen intervención humana
(Clasificación) Os prados poden ser de regadío, de sega ou dente en función de como se aproveite (o normal e que se combinen pastoreo e sega), e de larga duración ou prados permanentes en función da súa duración, sempre que se manteñan as actividades culturais
Pradeira: Tapiz herbáceo que se crea artificialmente
(Clasificación) De secado ou de regadío en función de se hai auga para regar ou non. Tamén se pode combinar por sega e dente. En canto a duración temos pradeiras de larga duración, corta duración e anual
- Pradeiras de larga duración ou permanentes
Duran sobre 10 – 12 anos. Vai depender de como a tratemos. Para a súa creación utilízanse especies de larga duración, vivaces, perennes Moi utilizada a mestura Lolium perenne, Dactylis glomarata, Trifolium repens Recoméndase sementar con 2 ou 3 especie
- Pradeiras de corta duración
Duran sobre 2-3 anos. Utilízanse especies pratenses de corta duración e moi produtivas Moi utilizada a mestura Lolium multitlorum con Trifolium pratense. Especies moi produtivas e de gran calidade pascicola. Aínda que deben ser replantadas cada 2 – 3 anos, a súa elevada produción e calidade compensa facelo Recoméndase sementar con 1 ou 2 especies
- Anual
Dura menos dun ano. Establécense en rotación, como no cultivo de patacas. Utilízanse especies de gran produción e gran calidade que duren menos dun ano, como pode ser o trevo encarnado Soen sementarse con unha soa especie de gran produción
É recomendable que as pradeiras consten de gramíneas e leguminosas As gramíneas son a principal fonte de hidratos de carbono. Ademais son mais durables na pradeira que as leguminosas As leguminosas pola súa banda aportan proteína, aínda que persisten menos tempo. Fixan o nitróxeno atmosférico a través de simbioses con bacterias, o que reduce a necesidade de fertilizar con nitróxeno
Proporción de gramíneas e leguminosas recomendables:
Nas pradeiras de larga duración debe haber menos leguminosas que gramíneas, é dicir, e importante que as haxa pero non en exceso porque se marchan pronto:
Leguminosas: 20 – 30% Gramíneas: 70 – 80%
Nas pradeiras de corta duración podemos ter as seguintes proporcións:
Gramíneas: 20 – 30%
Leguminosas: 70- 80% ( non temer a que leguminosas se vaian pronto )
Palatabilidade: Apeticibilidade do gando. Especies que mais lle apetezan os animais. Cualidad de ser grato ao paladar un alimento
IMPLANTACIÓN DE PRADEIRAS:
Elixir o sitio onde se vai implantar a pradeira. Para elo debemos fixarnos en certos condicionantes:
- Posibilidade de auga
- Boa accesibilidade
- Terreo mecanizable (non pedregoso, etc...)
- Calidade do solo (non especialmente importante porque se pode fertilizar)
- Profundidade. Canta mais profundidade mellor, pero para ter unha boa calidade non se necesita moita, sobre 30 – 40 é suficiente, pois normalmente utilízanse gramíneas
Normalmente elixirase un terreo de matogueira, para evitar destorronar e cortar árbores
Preparación do terreo mediante desbroce, laboreo, fertilización/encalado
- Desbroce (pódense utilizar distintas técnicas)
Manual
Manual Mecánico: Con motodesbrozadora. Lévase a cabo en zonas con pouco mato, ou para implantar pradeiras en terreos non mecanizables (non é habitual)
Mecánico: O máis utilizado. Pode ser con desbrozadoras, que solo actúan na parte aérea. Tamén se poden realizar decapados, onde se eliminan totalmente as plantas, arríncanse. O seu inconveniente e que arrastra o solo dunha zona a outra, perdendo onde se establece a pradeira unha capa de solo e microorganismos. Con fleccos non se arrastra tanto como con pala ríxida
Químico: Consiste no uso de sustancias químicas para matar as plantas. Coñécense como fitocidas ou herbicidas. O correcto sería chamarlle selvicidas (que matan plantas leñosas). Dentro dos fitocidas podemos distinguir entre herbicidas e selvicidas
Non é bo para implantar pradeiras. O seu uso é recomendable para controlar plantas invasoras
- Herbicidas de contacto: Actúan na zona da planta coa que entran en contacto
- Herbicidas de translocación (hormonais): Os mais utilizados. Aplícanse sobre a parte aérea, pero penetran no interior da planta. Son os que realmente matan a planta
- Totais: Actúan sobre todo tipo de planta. O máis utilizado é o glifosato Selectivos: Actúan sobre certas plantas, non sobre todas. Non soen actuar sobre as gramíneas, si sobre as dicotiledóneas. Útiles para eliminar plantas invasoras, pois respectan as gramíneas e eliminan as invasoras Algúns exemplos son o 2,4 D; Triclopir
...