ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Trabajo: Comunicación Non Verbal


Enviado por   •  6 de Diciembre de 2013  •  7.297 Palabras (30 Páginas)  •  342 Visitas

Página 1 de 30

HABILIDADES SOCIÁIS EN EDUCACIÓN SOCIAL

PROGRAMA DE COMUNICACIÓN NON VERBAL

2º CURSO DE EDUCACIÓN SOCIAL

ÍNDICE

1. INTRODUCCIÓN……………………………………...…….………páx. 3

1.0 Fundamentación Teórica .............................................Páx. 3

1.1 Kinésica………………………….……………………..páx. 7

1.2 Proxémica…………………………………………….páx. 14

1.3 Paralingüística………………….……………………páx.16

1.4 Outros tipos de comunicación non verbal.........páx.18

2. CONTEXTUALIZACIÓN……………………..……………………páx.20

3. OBXECTIVOS…………………………………..………………….páx.20

3.1 Obxectivo xeral…………………………………………páx.20

3.2 Obxectivos específicos………………………………páx. 20

4. CONTIDOS…………………………………………………………páx. 21

5. METODOLOXÍA……………………………………………………páx. 21

6. ACTIVIDADES……………………………………………………..páx. 22

7. AVALIACIÓN………………………………………………………páx. 32

8. CONCLUSIÓN……………………………………………………..páx. 33

9. BIBLIOGRAFÍA……………………………………………………páx. 34 

1. Introdución

A comunicación non verbal está presente en todo momento nas nosas vidas. O noso corpo exprésase mediante os nosos xestos, movementos, miradas, ton de voz, etc. É un tema que me entusiasma e do que non sabía case nada, por iso decidín buscar información ao respecto. Unha vez que vin que me gustaba e me pareceu interesante, decidín realizar un programa de comunicación non verbal para a materia de habilidades sociais.

Despois dunha pequena fundamentación teórica e unha breve contextualización, exporei os obxetivos tanto xerais coma específicos que quero acadar neste programa. Para lograr os obxetivos marcados, levaranse a cabo un conxunto de actividades seguindo sempre unha metodoloxía marcada anteriormente para o correcto funcionamento das mesmas. Para rematar, farase unha avaliación sobre o programa tanto a educadores como a participantes, onde se evaluarán todos os aspectos de dito programa.

Antes de comezar coa elaboración do programa, farei unha pequena introducción sobre os aspectos máis importantes da comunicación non verbal, así coma definicións e tipos e factores do tema escollido.

Fundamentación teórica:

Para Knapp (1992) a comunicación non verbal é unha dimensión oculta da comunicación que se desenvolve a través dos ritos corporais, a aparencia, a distancia interpersoal e os xestos; e observa tamén que ten tanta ou máis importancia ca a palabra. A falta dun nome máis axeitado, denomínase comunicación non verbal. É dicir, falamos de comunicación non verbal para referírmonos ao conxunto de signos (movementos, cheiros, expresións do rostro, etc.) moito máis complexos ca a linguaxe verbal que serven para comunicar (voluntaria ou involuntariamente). Como se pode observar, a linguaxe do corpo deixa ver moitas cousas de nós e tamén de quen nos rodean. O corpo é, por riba de todo, un centro de informacións e, moitas veces, aquilo que menos coñecemos de nós mesmos é o noso principal vehículo de comunicación. Un observador atento podería ver nunha persoa case todo aquilo que ela está a agochar, conscientemente ou non. Por iso, todo o que non se di con palabras se pode atopar no ton de voz, na expresión do rostro, na forma do xesto ou na actitude de cada individuo.

``Recuperado de http://www.tdx.cat/bitstream/handle/10803/8173/trms2de3.pdf;jsessionid=77CEC3EB74C4E0F413E9107AE0323B0F.tdx2?sequence=2 O 22 de Xullo de 2013.´´

Aínda que o home leva máis dun millón de anos utilizando este tipo de comunicación, esta non se empezou a estudar nada máis que hai só unhas décadas. O investigador Albert Mehrabian descompuxo en porcentaxes o impacto dunha mensaxe: 7% é verbal, 38% vocal (ton, matices e outras características) e un 55% sinais e xestos. O compoñente verbal utilízase para comunicar información e o non verbal para comunicar estados e actitudes persoais. Este investigador, Albert Mehrabian, afirma que nunha conversación cara a cara o compoñente verbal é un 35% e máis do 65% é comunicación non verbal.

Moitos xestos utilizados son comúns na maioría dos países, aínda que outros poden significar cousas distintas dependendo de onde esteamos. Os xestos básicos adoitan ser os que máis universalizados están: mover a cabeza para afirmar ou negar algo, poñer cara de non en sinal de enfado, encollerse de ombros que indica que non entendemos ou comprendemos algo, etc. Outras veces, hai xestos que veñen herdados do reino animal, como pode ser ensinar os dentes en sinal de enfado (agresividade).

Aínda que saiba que pode significar un determinado xesto, non caia no erro de interpretalo de forma illada; é doado que puidese equivocarse. Os xestos pódense finxir, pero non todo o corpo actúa do mesmo xeito. As cellas, a risa, a pupila dos ollos e outros pequenos detalles seguramente delátennos. Por regra xeral, cando estamos a mentir ou forzamos unha situación, o corpo delátanos. Por iso as situacións persoais, resólvense mellor cara a cara, que por teléfono e outro medio onde se pode esconder o corpo e perder unha importante parte da mensaxe (a parte non verbal).

Aínda que o tema é amplo e daría para centos de páxinas, imos expoñer os principais xestos e actitudes que nos poden axudar na nosa vida cotiá e nos negocios. A maioría dos xestos e movementos que utilizamos habitualmente, véñennos condicionados polo ámbito no que nos criásemos. Os matices culturais, son de grande importancia na linguaxe corporal. Tamén o ámbito familiar, ten unha clara influencia no noso comportamento e no noso xeito de "falar co corpo".

Hai algúns xestos que se utilizan de forma universal (coas súas excepcións) para significar o mesmo. O signo de "OK", con varias teorías sobre a súa orixe, aínda que a máis aceptada segundo nos informa un dos nosos amables visitantes é unha deformación da expresión "all correct" en "oll korrect" que apareceu nalgúns xornais estadounidenses e canadenses durante o

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (50 Kb)
Leer 29 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com