ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

COMENTARIO DE HISTORIA SEXENIO DEMOCRÁTICO (PAU XUÑO 2013)


Enviado por   •  23 de Abril de 2017  •  Apuntes  •  1.960 Palabras (8 Páginas)  •  253 Visitas

Página 1 de 8

COMENTARIO DE HISTORIA SEXENIO DEMOCRÁTICO (PAU XUÑO 2013)

Os textos ante os que nos encontramos pertencen ó período que comprende entre 1868 e 1874, coñecido como o sexenio democrático.

O documento 1 é de carácter político, de fontes primarias, dirixido ó pobo e tendo como autores ós membros da Xunta de Goberno de Málaga. Fai referencia ó comezo da revolución coñecida como “A Gloriosa” en 1868.

O documento 2 é de carácter xurídico, de fontes primarias, e dirixido a poboación. Neste caso é un extracto da Constitución de 1869.

O documento 3 é de carácter político, de fonte primaria, público e tendo como autor a Amadeo I de Saboia. Pertence ó documento que fixo Amadeo I para presentar a súa abdicación do trono español.

Finalmente, o documento 4, é de carácter xurídico, de fonte primaria, e ó igual que nos anteriores, público. Pertence á Constitución federal que se propuxo en 1873 durante a I República e que non se chegou a aprobar.

Para afondar nos temas que se tratan nos textos é preciso facer unha síntese dos acontecementos que sucederon anteriormente:

O reinado de Isabel II comeza en 1833, cando morre Fernando VII. É preciso recordar que eran dous os candidatos á Coroa: Carlos, o irmán de Fernando VII; e Isabel, filla de Fernando VII. Dado que Fernando VII abolira en 1830 a Lei Sálica (introducida por Filipe V), Isabel II foi proclamada raíña e ó ser menor de idade, a súa nai María Cristina de Borbón comezou a exercer de rexente. Isto provocou o descontento dos carlistas e por ende a Primeira Guerra Carlista (1833-1839).

A década que comprende entre 1833 e 1843 foi un período de rexencias: a rexencia de María Cristina estivo caracterizada polos múltiples cambios no xefe do Goberno (entre progresistas e moderados), pola falta de apoios debido a diversas políticas (destacan neste caso as desamortizacións de Mendizábal, feitas para sufragar os gastos da Guerra Carlista) e polos múltiples levantamentos; no caso da rexencia do espadón Espartero (que comeza en 1840 tras o exilio de María Cristina), caracterizouse polos problemas internos (os conflitos forais e as sublevacións en Barcelona), a continuación e ampliación das desamortizacións, e o crecente autoritarismo de Espartero. Todo isto provocou diversos alzamentos, que en 1843 obrigaron a Espartero a exiliarse; o que permitiu a súa vez, que se lle adiantase a maioría de idade a Isabel.

Esta nova etapa, que remata coa revolución “A Gloriosa”, estivo marcada pola alternancia no Goberno entre demócratas e moderados, sendo os moderados os que contaban co apoio da Coroa. Sucederon catro períodos: a Década Moderada (1844-1854) na que destaca a creación dunha nova Constitución en 1845, moito máis benévola coa Coroa que a que se creara durante a rexencia de María Cristina en 1837; novas leis (Lei Municipal e Electoral) que lle permitían á Coroa ter un maior poder; a Segunda Guerra Carlista que sucedeu en Cataluña (1846-1849) ou o Concordato con Roma en 1851 (en compensación polas desamortizacións feitas anteriormente). No Bienio progresista (1854-1856) destacan as novas desamortizacións, e a Lei de ferrocarrís.

Durante o terceiro destes períodos, a Década Moderada-Unionista, que comezou tras un golpe de Estado feito por O´Donnell; fóronse alternando no poder moderados (presididos por Narváez) e a Unión Liberal (formación política na que se integraban moderados e progresistas, e que estaba presidida por O’Donnell). Cabe destacar que as outras formacións políticas (progresistas radicais, demócratas e republicanos) foron apartadas do poder.

Finalmente o último destes períodos, o Bienio Ultramoderado (1866-1868), estivo marcado polo goberno ditatorial de Narváez, que tiña todo o poder grazas a que O´Donnell fora expatriado a Francia debido a diversas discrepancias coa raíña.

Neste contexto de malestar social crecente debido polas malas colleitas, os problemas económicos e o descontento da maior parte da clase política polas malas actuacións da raíña; os progresistas e demócratas, dirixidos por Prim, que estaban no exilio decidiron unirse para derrocar a Sabela no pacto de Ostende (1866), ao que tamén se unirían os unionistas de Serrano. Grazas a isto, a revolución “A Gloriosa” deu comezo en decembro de 1868 en Cádiz, mediante un pronunciamento organizado por militares como Prim, Serrano, ou Topete. Ao mesmo tempo por diversas cidades de España, foron creándose xuntas revolucionarias, tal e como se mostra no Documento 1, no que a Xunta de Goberno de Málaga proclama que se suma á revolución. Neste texto pódese apreciar o desexo da poboación de elaborar unha Constitución moito máis liberal que a que se estableceu en 1845: esíxese o sufraxio universal (que xa estivo presente na Constitución de 1812), tal e como aparece na liña 2; esíxese a liberdade de cultos (na Constitución de 1837 simplemente se toleraron os demais cultos), tal e como aparece na liña 1; tamén se esixe o dereito da liberdade de prensa sen censura previa (tal e como o afirman cando din “(...) e que o pensamento escrito circule sen traba”) e o dereito de asociación (dereito que se lles foi quitado na Década Unionista ó non permitir diversos grupos políticos), tal e como o afirman na liña 4; ademais tal e como se mostra na liña 7, se defende a soberanía nacional e se utiliza como lema principal desta revolta “¡Abaixo os Borbóns!”.

A revolución acabou pouco tempo despois de que as tropas leais á raíña foran vencidas na Ponte de Alcolea, o que obrigou a Sabela II a exiliarse a París. Formouse un goberno provisional presidido por Serrano e composto por progresistas e unionistas; este novo Goberno realizou numerosas reformas tanto políticas como económicas, nas que destaca a creación da peseta e o establecemento da Constitución de 1869, todo isto atendendo ós principios defendidos polas Xuntas.

A esta Constitución pertence o Documento 2, no que aparecen algúns dos seus principios máis importantes principios: deféndese a soberanía da nación (tal e como se mostraba no anterior documento), o que aparece no “Art. 32: A soberanía reside esencialmente

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (12 Kb) pdf (53 Kb) docx (15 Kb)
Leer 7 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com