ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Comentario Historia


Enviado por   •  12 de Octubre de 2022  •  Examen  •  508 Palabras (3 Páginas)  •  65 Visitas

Página 1 de 3

A anterior lectura como poidemos comprobar está ambientada na primeira e na segunda revolución industrial en España e como se desenvolveu esta no país en diferentes sectores de carácter manufactureiro, as cales chegaron con retraso con respecto a outros países de Europa. Destacar tamén que no século XIX tiveron uns sucesos moi importantes en España, o primeiro foi as diversas guerras carlistas, as cales se deron como unha disputa polo trono que destacaría por paralizar gran parte das ferrerías vascas (1833), o segundo foi a guerra da independencia española na cal se pretendía instalar no trono a José Bonaparte (irmao do emperador francés Napoleón I).

As principais cidades industriais teñen lugar en Cataluña como podemos observar no cadro 1 sobre “las ciudades industriales españolas”, a cal se manten hexemónica dende 1787 ata onde temos datos en 1991. O sector industrial alcanzaría a súa cima no ano 1933, o cal co paso dos anos deixaría de ter tanta importancia como tivo séculos atrás debido o incremento notable que tería o sector servizos, sendo este na actualidade un pilar fundamental da economía española, ademáis de que na época o carbón suponía un 70 % del consumo bruto de energía en España sendo utilizado o carbón vexetal o cal tiña menos productividade que o británico de orixe mineral. Ademáis da gran expansión que xurdeu no sector industrial no S.XIX, tamén se deu en certa medida no sector agrario pois no período de 1800-1888 a supericie agrícola chegou case a duplicarse, tendo unha roturación de terras en 1815-1860. Existeu un cambio notable na industria española o longo do tempo, a cal estaba centrada na especialización, maioritariamente nos sectores algodoneiro e siderúrgico ocupando un 76% e case un 90% do sector industrial español a finais do século XIX e pasaría a ser máis diversificada co paso do tempo na maioría das cidades (dato referente o “cadro 4”). Esta relevancia que tivo o sector do algodón colleu forzas na primeira metade do S.XIX, xa que o sector textil foi o que tivo unha maior modernización neste período, ademáis o sector siderúrxico destacou especialmente polo ferro converténdo España no maior exportador de ferro de Europa pois a maioría do mineral producido destinábase a este índole.

Facendo referencia os mapas dos anos 1787-1861 (sendo esta última fecha cando primeira revolución industrial alcanza a súa madurez en España) no ano de 1787 tan só os maiores núcleos artesanais englobaban o 19% da poboación activa censada pertencente a ese ano, o cal cambiaría na segunda metade do S.XIX. Nestes anos xa destacaba a hexemonía de Cataluña (resalta a cidade de Barcelona) pois no ano 1787 facendo referencia o “cadro´1” xa suponía un 8,68% do empleo industrial sobre o total estatal, sendo superior a calquera outro, e para o ano 1861 tería incrementado moito máis esa cifra supoñendo un 32,07% sendo o seu rival máis directo Andalucía, que representaba nese momento tan só un 3,4%. Para finalizar entre 1787-1861 obsérvase que existeu unha transición da industria dispersa a fabril pois xa apuntaba a unha incipiente industrialización dende finais do setecentos.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (3 Kb) pdf (23 Kb) docx (8 Kb)
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com