ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Proyecto Empresas FP


Enviado por   •  5 de Mayo de 2020  •  Tutorial  •  1.348 Palabras (6 Páginas)  •  182 Visitas

Página 1 de 6

[pic 1][pic 2]


ÍNDICE


Empresa de organización de eventos

  • Para o proxecto plantearonse varias ideas de negocio pero foron sendo descartados debido a múltiples razóns, entre elas que moitos deles non cumprían cos obxectivos do grupo, había un gran número deles, o que dificultaría facerse un oco no mercado ou era demasiado arriscado emprendelos.

Despois de analizar todas as ideas de negocio decidiuse que a empresa de organización de eventos era a opción máis axeitada, como base para tomar esa decisión tomouse a pouca presenza de negocios deste estilo na zona e no entusiasmo mostrado por os membros do grupo.

Negocios descartados:

  • Tanatorio
  • Centro de día
  • Centro de estética
  • Showroom
  • Sexshop
  • Casa de apostas

  • Este proxecto basease unha empresa cuxo obxetivo é organizar todo tipo de eventos como: vodas, bautizos, comunións, xubilacións, etc. Esta empresa encargase de todos e de cada unha das diversas áreas da celebración, por exemplo, unha voda, a empresa encargaríase de conseguir o lugar onde se realizará , pasando por as invitacións , vestimenta dos contraentes, e a cerimonia ata a mesma lúa de mel .Todo isto por suposto informando continuamente a os clientes para que realicen todos os cambios que desexen conseguindo o evento dos seus soños.

  • Esta empresa dirixía os seus servizos as persoas adultas que conten polo menos cun nivel de ingresos medio e cun circulo social ou familiar amplo, isto débese a que os servizos desta empresa soen ser contratados por persoas adultas que non teñen tempo suficiente para organizar eles mesmos a celebración ou que prefiren que se encarge de facelo profesionais especializados neste ámbito. Os eventos para os que contratan este tipo de empresas soen ter unha gran cantidade de invitados.
  • A principal necesidade que cumpre esta empresa é aforrarlle tempo a os clientes, grazas a ela os anfitrións non teñen que preocuparse por os detalles do evento xa que o único que deben facer e escoller os aspectos que mais lle gusten e a empresa encargarase de conseguilo.
  • A diferenza de outras empresas, esta crea plans específicos en función do presuposto e os gustos que o cliente expresa ao inicio da operación, o cliente concertaría unha cita coa empresa e aí explicaríalle a un dos profesionais como se imaxina o evento e que presuposto esta disposto a empregar nel, a partir disto a empresa creará distintos plans para o evento e mostrarallos ao cliente que poderá escoller un deles, modificando todo aquilo que desexe.
  • Aproximadamente necesitaríase un importe inicial de 51.750 € entre o local, o mobiliario, ordenadores, decoración, etc... isto sen incluír os soldos do persoal. Para conseguir esta cantidade presentaríase un plan de empresas a un banco para pedir un préstamo.
  • Esta empresa será unha Sociedade Limitada, esta decisión esta baseada no capital previsto para inverter na mesma, o tamaño que se prevé que alcance e o número de socios que terá a empresa.
  • Promotores:
  • Nome: Adrián Lorenzo Mariño.
  • Formación: Lic. en Administración y Dirección de Empresas.
  • Idiomas: Inglés, Alemán.
  • Nome: Elisa Martínez Varela
  • Formación: Lic. en Protocolo, Organización de Eventos e Imaxe Corporativa.
  • Idiomas: Inglés, Francés.
  • Nome: Tomas Pascal Ferrer.
  • Formación: Técnico Superior en Marketing e Publicidade.
  • Experiencia: 2 anos en Departamento de Marketing de Nike.
  • Nome: Raquel Fernández Rivadulla
  • Formación: Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais.
  • Experiencia: 5 anos en Departamento de Recursos Humanos en empresa de construción.
  • Resume do plan de empresas:

Como xa se sinalou en apartados anteriores, o plan de empresas basearase na creación e posta en marcha dun negocio dedicado a organizar eventos de múltiples índoles como poden ser vodas, cumpleanos, bautizos, etc. O obxectivo fundamental desta empresa e permitir a os clientes desfrutar dun espazo de entretemento, desfrutando as súas fechas especiais cos seus seres queridos e persoas cercanas, pondo a disposición deles un servizo que lles permita levar a cabo a celebración tal e como a soñaron, tendo completa liberdade para escoller o estilo do evento, a decoración e todos os aspectos implicados nel. A empresa ofrecerá un servizo integral que non rematará ata que o evento finalice e reciba a aprobación e satisfacción do seu cliente, antes diso a organización encargarase de todos os aspectos da organización, dende o comezo do proxecto pasando po la celebración e rematando co seu fin e recollida, asegurando un servizo adaptado completamente ao seu público.

  • Análise do mercado:

  • Análise externo:
  • Macroentorno: Este proxecto está fortemente influenciado polos factores económicos, socioculturais, e demográficos, xa que este tipo de empresas son normalmente contratadas por persoas cun alto nivel adquisitivo, con pouco tempo para realizar actividades extra na súa vida, de unha idade media entre os 28 e os 60 anos, e na súa maioría de sexo feminino. Factores como o tecnolóxico, políticos ou o xurídico non soen afectar en gran medida a este tipo de negocios, isto quere dicir, que anque certos aspectos destes factores poden influír en certo grado a empresa, non o fan ata o punto de supoñer un risco ou unha vantaxe para a mesma.
  • Microentorno:
  • O negocio irá dirixido a persoas de entre 28 e 60 anos, deducimos isto tendo en conta que este tipo de negocios van dirixidos a persoas que posúen familias, traballan, ou que gozan dun gran circulo social e unha vida estable e xa asentada, na súa maioría de sexo feminino, cun nivel de renda alto e con interese por as relacións sociais.
  • Con respecto a os provedores, estes serán de diversas actividades debido ao carácter cambiante do negocio, procurarase facer unha lista de provedores fixos pero deixando a porta aberta a traballar con outras empresas. No referente as condicións de pago estas levaranse a cabo mediante unha comisión, obtendo a empresa un 10% do importe total do evento.
  • Como principais competidores topámonos con empresas coma Galicia en voda ou La Bombonera, que se dedican a organizar diversos eventos, pero o noso rasgo distintivo con respecto a eles e que a nosa empresa contará cun maior marxe de personalización, facendo plans específicos para cada cliente, mentres que estas empresas empregan unha serie de plans xa establecidos para as celebracións, limitando ao cliente a hora de darlle o seu toque persoal.
  • Como xa se dixo, este negocio soe estar máis solicitado por público feminino cunha idade media entre 28 a 60 anos, isto fai que ubicar a empresa en Vigo sexa unha gran oportunidade, sendo o 52,67% da súa poboación mulleres dunha idade media de 30 anos, ademais o número reducido de empresas dedicadas a este sector na zona tamén representa unha maior oportunidade de éxito para a empresa, a pesar destas vantaxes tamén aparecen algunhas ameazas para o negocio como o feito de que o número reducido das empresas desta área faga que as existentes estean máis asentadas e teñan maior e mellor reputación entre a poboación.
  • Análise interno:
  • Os promotores deste negocio aportarán o capital necesario para a formación deste negocio na súa totalidade, xa que a súa inversión inicial non é moi elevada, no caso de precisar a solicitude dun crédito estes negociaríano cunha entidade financeira, tendo en conta que os catro teñen unha situación económica estable, en principio, non abría problemas para a súa posterior devolución e pago de intereses e comisións.
  • Respecto a vantaxe competitiva da empresa, reiterando o dito anteriormente, esta empresa permitirá a completa personalización do evento sen limitacións sempre e cando se tope dentro das posibilidades da empresa, isto e un factor diferencial fundamental respecto a outras empresas deste mesmo mercado que limitan en certa medida ao cliente. A idea e que esta característica se converta na seña de identidade da organización.
  • Os promotores deste negocio contan cunha amplia formación no mundo empresarial pero a vez están formados en áreas distintas da actividade empresarial por o que a converxencia deses coñecementos forma un coñecemento moi sólido das diversas situación que poden topar na creación e desenvolvemento do seu negocio, inda así debese ter en conta que ao ser persoas de pouca idade, a falta de experiencia e un obstáculo a superar.
  • Análise DAFO:

Debilidades

Ameazas

Falta de experiencia

Provedores cambiantes

Competencia

Crise

Fortalezas

Oportunidades

Versatilidade

Especialización

  • Plan de inversión básico:

Concepto

Importe

Activo non corrente

Mobiliario

14.750€

Equipos informáticos

24.500€

Aplicacións informáticas

5.500€

Activo corrente

Tesourería

7.000€

Total inversión

51.750€

  • Plan de financiación:

Concepto

Importe

Patrimonio neto

Capital e aportación dos socios

20.000€

Subvencións

3.000€

Pasivo non corrente

Débeda a largo prazo

28.750€

Total financiación

51.750€



...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (9 Kb) pdf (139 Kb) docx (457 Kb)
Leer 5 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com