TEMA 1: CAPITALISMO E REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Enviado por Paula Piñeiro Vázquez • 27 de Noviembre de 2017 • Apuntes • 1.310 Palabras (6 Páginas) • 218 Visitas
TEMA 1: CAPITALISMO E REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
1. O CAPITALISMO
Ao longo da historia os seres humanos fóronse organizando de modo diverso, configurando diferentes sistemas económicos e sociais. Estes sistemas son, resultado de tres variables: os recursos materiais e tecnolóxicos disponibles, a poboación existente e as relacións que se establecen entre os grupos que compoñen a sociedade e a explotación deses recursos, e a influencia das ideas dominantes.
As fondas transformacións económicas, políticas, sociais e ideolóxicas que tiveron lugar a finais do século XVIII e principios so XIX, relacionadas fundamentalmente coa revolución industrial e as revolución liberáis, impuxeron un novo marco económico denominado: CAPITALISMO. A súa base doutrinaria está no pensamento liberal e a súa racionalización teórica nas obras dos chamados economistas clásicos: Adam Smith, Thomas R.Malthus e David Ricardo, defensores da idea plena liberdade económica como principio recto básico do desenvolvemento.
Orixe e evolución.
-Interpretación do capitalismo: desde o punto de vista liberal, o capitalismo é un sistema económico carecterizado por: a defensa da propiedade privada dos bens de producción, que son empregados co obxectivo de proporcionar un beneficio aos seus propietarios, e a liberdade dos mecanismos económicos de concentración, de creación de empresas e de intercambio regulamentados únicamente polas leis do mercado. O capitalismo, como sistema económico dominante, xorde a finais do século XVIII e comezos do XIX, cando se produce o triunfo da burguesía sobre os poderes do clero e da nobreza, así como a progresiva substitución das formas e modos medievais de producción e distribución polas capitalistas.
1.2 Trazos básicos.
O capital, elemento fundamental da producción.
Desde o punto de vista económico, o capital é o conxunto de bens(terras, edificios, fábricas, materias primas, mercadorías...) que serven ao seu propietario para producir un beneficio, ou para producir novas mercadorías coas que obter máis beneficios.
Liberdade económica e regulamentación do mercado pola lei da oferta e da demanda.
A economía capitalista baséase na existencia dunha liberdade absoluta sen ninguna limitación. E necesaria unha liberdade de empresa, de comercio, de contratación, de mercado, de presos e de salarios. Os poderes públicos non deben intervir. O estado debe eliminar os obstáculos que impiden a liberdade económica.
Non deben existir mecanismos de control dos mercados, xa que estes deben moverse de modo natural grazas á libre concorrencia de compradores e vendedores; isto fará que os prezos se fixen no punto de equilibrio entre a oferta e a demanda. As actividades económicas están sometidas ás leis do mercado
A riqueza individual, factor estimulador das actividades económicas e criterio de organización social.
A busca do enriquecemento individual e dos máximos beneficios é o móvil que debe guiar a actuación económica das persoas; o enriquecemento persoal é a base sobr a que se debe cimentar a mellora da sociedade.
Na sociedade capitalista é a riqueza o criterio básico de clasificación social; a posición de cada individuo dentro dela depende dos bens e capitais que posúa. Dentro da sociedade capitalista considérase que cada individuo pode grazas á súa valentía e traballo, ascender pola escala social ata a cima.
Propiedade privada dos medios de comunicación.
Para alcanzar a máxima rendibilidade e aproveitameno dos recursos, a propiedade dos medios de producción debe ser privada, libre e absoluta. A propiedade privada considérase un dereito natural e lexítimo dos individuos.
Relacións de producción baseadas no traballo asalariado e na división de tarefas.
No capitalismo, as relacións de producción baséase na división das tarefas e no traballo asalariado como medios para lograr o incremento da producción e dos beneficios. O traballo é considerado como unha mercadoría máis que se compra e se vende que ademáis debe estar suxeito de oferta e demanda.
Crises cíclicas
Dentro do capitalismo considérase que as actividades económicas están suxeitas a ciclos recorrentes. A períodos de crecemento máis ou menos rápido suceden fases de desenvolvemento lento ou de estancamento, que poder ser seguidas doutras de crecemento negativo ou contractivas.
O inicio dun ciclo depresivo vén determinado por unha crise económica; estas crises teñen un carácter periódico e cíclico e ser mais ou menos fondas.
2. AS RENOVACIÓNS DAS ESTRUTURAS AGRARIAS.
Ao longo dos séculos XVIII e XIX os campos europeos e americanos sufriron unha importante transformación grazas a renovación das técnicas e métodos agrícolas.
...