TRATAMIENTO DOCUMENTACION CONTABLE
Enviado por adriannenu • 24 de Noviembre de 2020 • Trabajo • 915 Palabras (4 Páginas) • 114 Visitas
7.- EXERCICIOS DE CONTABILIZACIÓN DE EXISTENCIAS E DE DETERIOROS DE VALOR
1. Venda de mercadorías a crédito por 9.000 €.
2. Os clientes do aptdo. anterior aceptan a letra de cambio xirada pola empresa.
3. A empresa envía ao banco a letra para o seu desconto. O banco desconta pola operación 39,12 € en concepto da gastos de negociación e 59.35 en concepto de xuros.
4. O cliente anterior atende a letra de cambio ao seu vencemento.
5. Venda de mercadorías por 12.000 €, aceptando o cliente a letra de cambio xirada pola empresa.
6. A empresa desconta a letra no banco, descontando este 45,20 en concepto de gastos de negociación e 62,50 en concepto de xuros.
7. A letra de cambio resulta non pagada ao seu vencemento, cargándonos ademais o banco en conta 450,00 € en concepto de gastos de devolución da letra.
8. A empresa chega a un acordo co cliente para emitir unha nova letra, na que se incluirá o nominal, os gastos de protesto e 32 € en concepto de xuros de demora.
9. Chegado o vencemento da letra, esta resulta non paga, polo que a consideramos definitivamente incobrábel.
B) EFECTOS EN XESTIÓN DE COBRO
10. Venda de mercadorías a crédito por 10.000 €.
11. A empresa xira letra de cambio, que é aceptada, ao cliente anterior.
12. A empresa envía ao banco a letra en xestión de cobro..
13. O cliente paga a letra ao seu vencemento, ingresándonos o banco a cantidade oportuna en conta, tendo en conta que nos cobra 40,50 € en concepto de gastos de xestión de cobro.
14. Venda de mercadorías por 6.000 €, aceptando o cliente letra pola seu importe.
15. A empresa envía ao banco a letra en xestión de cobro..
16. Ao seu vencemento a letra resulta non paga, cargando o banco 150 € en concepto de gastos de devolución da letra.
C) DESCONTO DE EFECTOS / EFECTOS EN XESTIÓN DE COBRO
17. Venda de mercadorías por importe de 15.000 €. As mercadorías van nuns envases valorados en 350 €. Os gastos de transporte a cargo do vendedor, que quedan a deber, ascenden a 400 €.
18. Os clientes devolven envases por importe de 300 €, comunicándonos que se deteriorou o resto.
19. Xiro de letra de cambio ao cliente anterior polo importe da súa débeda, que é aceptada. O vencemento é a 60 días.
20. A empresa negocia a letra anterior no banco, que cobra un 4 % de taxa de xuro anual e un 0,4 % de comisións.
21. O cliente atende a letra anterior ao seu vencemento.
22. Venda de mercadorías por 6.000 €. Na factura inclúense uns gastos de transporte que se repercuten ao cliente por importe de 400 €.
23. A empresa xira letra de cambio, que é aceptada, ao cliente anterior. O vencemento é a 60 días.
...