A Literatura Galega
Enviado por noe_fi • 25 de Abril de 2012 • 2.089 Palabras (9 Páginas) • 531 Visitas
ÉPOCA MEDIEVAL (XII-XV)
Contexto
Nesta época Galicia vive un momento de extensión xeográfica no contexto socio-político. O ensino realizabase en latín e non se achegaba a toda a poboación. A educación era sistematica nas escolas monacais e catredalicias e asistemática, en forma de transmisión oral.
Lírica
En canto a produción lírica atopamos varios periodos: primitivo ou prealfonsino, florecemento ou alfonsino e dionisiaco para dar a unha posterior decadencia.
O lirismo primitivo era de tipo popilar con kharxas mozarabes e cancionciñas populares que reflectian as labores do campo, as estacións etc.
En canto a lírica profana atopamonos coas Cantigas de Amigo, nas que a amada, botando de menos ó seu amigo expoñia as suas coitas de amor. Hai diferentes tipos segundo a localización como pode ser romaría, alba, barcarola ou mariña. Os personaxes que aparecen son a irmá, a nai e a amiga. Como principais cantores podemos destacar a M.Codax ou Meendiño. Predomina a rima asonante e o refrán: paralelismo e leixaprén.
A Cantiga de amor ten unha influencia provenzal que reflicte a moda do amor cortés. O poeta fala con voz propia das coitas de amor pola sua señor. A amada está idealizada como un ser excepcional. Non existe unha localizacion no tempo e no espazo. A palabra amor aparece sempre nos primeiros versos. Predomina a rima consonante da cantiga de mestría.
A Cantiga de Escarnio e Maldicir eran compostas para ridiculizar, falar mal de alguén con elementos satíricos e irónicos. As que din mal de alguén por palabras con dobre sentido é de escarnio e as que xa o fan ó descuberto son de maldicir.
A lirica relixiosa está composta polas Cantigas de Santa María de Alfonso X, o Sabio. Son composicións en honra a Virxe, contando as suas excelencias en lírico e contando a indulxencia coa que intercede ante deus para axudar a un devoto, narrativo. Segue o tipo trobadoresco con refran sen leixapren e paralelismo nas narrativas e nas liricas a estrutura do Zeghel con anotacións musicais.
Prosa.
En canto a prosa existen varios tipos: Bretón , son lendas que se divulgaban por Europa das andanzas do rei Arthur e dos Cabaleiros da Taboa Redonda. Os clásicos eran lendas baseadas nons heroes da guerra de Troia. As Carolinxias eran misceláneas de relatos de milagres xacobeos.
As manifestacións dramáticas non se conservan pero suponse que coma noutros paises, existiu unha actividad teatral no ámbito litúrxico ou da corte nobiliaria.
Produción de LIX
Hai unha ausencia dunha literatura dirixida a un destinatario específico.
Recepción.
Os receptores eran maioritariamente ointes; o lectorado e moi reducido e pertencente ó clero.
OS SÉCULOS ESCUROS (XV-XVIII)
Contexto.
Hai un ascenso da civilización humanista-liberal- cristiano burguesa. Comeza a consideración da infancia e adolescencia. Hai cambios no sistema de ensino con escolas municipais e gremiais, e polo tanto a creación de un lectorado en castelán a partir da escola. Hai unha desaparición do galego nos protocolos administrativos, burocracia, xustiza, igrexa... Perdese a memoria do esplendor literario e comeza o autoodio. Reducese o galego á comunicación oral e ó folclore, ata que no s.XVIII comezan as reclamacións do galego na escola.
Producción.
A producion de esta época basease nas cancionciñas paralelísticas semellantes á lirica galego-portuguesa. Existen mostras de literatura popular como vilancicos e algunha literatura de autor. No s.XVIII aparecen os estudo se ensaios reclamando o uso do galego no ámbito público polo Padre Sarmiento, Feijoo...
LIX.
En canto a LIX non hai mostras, só a transmisión oral. Pero uns inicios cos Contos de Perrault ou as novelas de Robinson Crusoe. Os primeiros libros didáctico-pedagóxicos de La Fontaine ou Iriarte.
Recepción.
Hai unha falta de lectorado en lingua galega, e os que o fan en castelán quedan reducidos ás clases burguesas e ó clero.
O REXURDIMENTO (S.XIX)
Contexto.
A corrente do momento é o Romanticismo. Consolidase as LIXs nos países mais desenvolvidos. A Lei Moiano establece a escolaridade obrigatoria en lingua castela e inicio do cambio da cultura oral á escrita. Galicia vai tomando conciencia da sua cultura. Hai un gran rendemento cultural pois iniciase a recuperación da lingua galega na escrita literaria (Cantares Gallegos) e unha posta en marcha de publicacións periodicas en lingua galega como O tio Marcos d’a Portela, ou en castelán como Galicia Recreativa.
Producción de LIX.
En canto a producción de LIX consolidouse nos paises desenrolados que achegaron obras que serven de referente para as literaturas posteriores didacticas e moralizantes como Alicia no pais das marabillas de Lewis Carroll e As aventuras de Pinocho de Carlo Collodi. Recollese tamén material folclórico dos irmans Grimm ou Andersen. No caso galego hai recompilacións de transimisión oral e primeiros contos dirixidos a nenos nas publicacións periódicas como Amador M. Saavedra.
Recepción.
Existe pois un lectorado castelán con un incipiente en galego e fanse os primeiros estudos de índices de alfabetización.
SÉCULO XX (1900-1950)
Contexto.
Nesta epoca atopamso movementos como o rexionalismo, agraismo e o nacionalismo. Aparece a Academia Galega (clases de galego). Existen as publicacións periódicas como As Roladas. Nacen as Irmandades da Fala e Grupo Nós, e o Seminario de estudos Galegos. Créanse as coleccións Céltiga e Lar e aparecen os primeiros comentarios e investigacións en revistas e xornais.
Existen uns modelos estetico-literarios de transmisión oral, de tradicón literaria, da literatura costumista para recompilar o pasado, inculcar ós xovenes os principios morais que deben rexer a sociedade. Hai unha defensa do galego, e pretendese establecer unha unión coas culturas das sociedades mais desenvolvidas, unha unión do tradicional co moderno como marcaban os obxetivos nacinonalistas das Irmandades. E unha lingua todavia sen fixar con dialectalismos e influencias.
LIX narrativa.
En canto a narrativa hai unha recuperación de contos orais en “Folk-lore” “Lendas”... Podemos destacar a Evaristo Correa Calderón con Margarida, a do sorriso da aurora, que era un conto de fadas ou a Camilo Diaz Baliño con Conto de guerra, costumista realista.
LIX poesía.
Na poesía hai unha recuperación de poesias orais en producción periódicas (as anteriores). Paratextos de Emilio Pita como
...