ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

RRHH e responsabilidade social corporativa


Enviado por   •  13 de Octubre de 2021  •  Trabajo  •  761 Palabras (4 Páginas)  •  63 Visitas

Página 1 de 4

ACTIVIDADE 1

1. Quen ou que era Lehman Brothers?

Unha compañía de servicios financeiros de Estados Unidos

2. Quen é ou quen son os responsables da caída de Lehman Brothers?

Un tribunal en Estados Unidos apuntou ós executivos do banco coma os culpables da súa catástrofe.

3. Crees que se actuou con ética empresarial en Lehman Brothers?

Non, a ética empresarial é un conxunto de valores, normas e principios que permiten lograr o obxectivo de alcanzar unha maior harmonía na sociedade. A empresa Lehman Brothers careceu de toda ética cando falseou as súas contas e presentou informes con informacións incorrectas.

4. Crees que Lehman Brothers tivo bo goberno?

Non. Unha das principais características do bo goberno é a transparencia nas súas actuacións. Lehman Brother falseou as súas contas non declarando 50.000 millóns de dólares como pérdidas. Tampouco tivo conciencia e responsabilidade co medio posto que as súas accións desencadearon a peor crisis financeira dende o crack do 29, consecuencia disto moitos países tiveron que rescatar os seus bancos para paliar a crisis.

5. Identifica aos stakeholders de Lehman Brothers.

Os Stakeholders son aquelas persoas que teñen algún interese na empresa ou están afectados por ela. Como poden ser os traballadores, accionistas, provedores, directivos, clientes... No artigo mencionase a

 Richard Fuld presidente executivo de Lehman Brothers

 Patricia Hynes, abogada de Richard Fuld

 A empresa auditora Ernst & Young e o seu voceiro Charlie Perkins.

ACTIVIDADE 2.

1. Cres que sería necesaria a existencia dun código ético en todas as organizacións?

Si, baixo o meu punto de vista dende as empresas deberían darse as directrices a seguir, e establecer un código onde se articulen os valores corporativos. Cales son as responsabilidades, obrigacións e obxectivos que a empresa quere para a súa boa marcha. É a empresa a que debería elixilos pero tamén debe saber transmitilo e garantir que todo o persoal o cumpra.

2. Paréceche que o código ético de ferrovial pode evitar situacións de acoso laboral ou mobbing?

Na miña opinión o código ético de ferrovial asenta as bases para intentar lograr que entre os seus empregados desaparezan as conductas de acoso sexual e mobbing. Pero non solo serve que esas ideas se vexan reflexadas en un código ético tamén habería que levalas a cabo con cursos de igualdade, xornadas de traballo en equipo... Para que todas esas boas intencións non queden so en palabras, si non que se leven a cabo de unha forma máis proactiva.

ACTIVIDADE 3.

Le a presentación da seguinte ligazón e analiza se o feito de que se produza mobbing nunha organización pode ser debido a unha falta de ética empresarial e de responsabilidade social corporativa.

O moobing é toda situación onde

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (5 Kb) pdf (46 Kb) docx (9 Kb)
Leer 3 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com