ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Criterios citomorfolóxicos


Enviado por   •  11 de Diciembre de 2013  •  6.665 Palabras (27 Páginas)  •  238 Visitas

Página 1 de 27

CALIDADE DA MOSTRA

Tipo de preparación:

SurePath/ LBP

Aumento:

Alto

Interpretación:

Satisfactoria: celularidade escamosa axeitada

Criterios citomorfolóxicos:

Mostra satisfactoria, contén celularidade escamosa intermedia. Vista cun obxectivo de 40x, a mostra contén aproximadamente 11 células por campo ao avaliar a celularidad escamosa de 10 campos miscroscópicos; a cantidade total considerada de células estaría situada entre 5.000 e 10.000.

Tipo de preparación:

SurePath/ LBP

Aumento:

Baixo

Interpretación:

Insatisfactoria: escasa celularidade escamosa

Criterios citomorfolóxicos:

Considérase que a citoloxía líquida (LBP, do inglés liquid-based preparation) é aceptable cando contén un mínimo aproximado de polo menos 5.000 células escamosas ben conservadas que se recoñecen axeitadamente.

Notas aclaratorias: este estendido Sure Path ten menos de 8 células por campo de 40x. Unha mostra SurePath que ten esta celularidade en toda a preparación incluiría menos de 5.000 células.

Seguimento:

Esta paciente debería repetir a citoloxía cervical noutra avaliación clínica

Tipo de preparación:

Convencional

Aumento:

Baixo

Interpretación:

Celularidade escamosa:~1400 células por campo 4 X

Criterios citomorfolóxicos:

Esta imaxe ilustra o aspecto dun campo de 4x dun estendido convencional de Papanicolaou, que contén aproximadamente 1400 células.

Un estendido convencional axeitado ten aproximadamente entre 8.000 e 12.000 células escamosas ben visualizadas e conservadas

Notas aclaratorias:

Para considerar que a mostra é adecuada, esta debe conter un mínimo de 6 campos (ou máis) de celularidade similar.

Tipo de preparación:

Convencional

Aumento:

Baixo

Interpretación:

Celularidade escamosa~500 células en campo 4 X

Criterios citomorfolóxicos:

Esta imaxe ilustra o aspecto dun campo de 4x dun estendido convencional de Papanicolaou, que contén aproximadamente 500 células.

Notas aclaratorias:

Un mínimo de16 campos 4 X con similar (ou maior) celularidade son necesarias para considerar o especimen de acordo cos criterios Bethesda 2001.

Tipo de preparación:

Convencional

Aumento:

Baixo

Interpretación:

Celularidade escamosa:~75 células por campo 4 X

Criterios citomorfolóxicos:

Esta imaxe ilustra o aspecto dun campo de 4x dun estendido convencional de Papanicolaou, que contén aproximadamente 75 células.

Notas aclaratorias:

O especimen non é satisfactorio se todos os campos teñen este nivel, ou menor, de células escamosas.

Tipo de preparación:

Convencional

Aumento:

Baixo

Interpretación:

Celularidade escamosa~1000 células por campo 4 X

Criterios citomorfolóxicos:

Esta imaxe ilustra o aspecto dun campo de 4x dun estendido convencional de Papanicolaou, que contén aproximadamente 1000 células.

Notas aclaratorias:

Un mínimo de 8 campos 4 X con similar (ou maior) celularidade son necesarios para considerar o especimen axeitado.

Tipo de preparación:

ThinPrep/ LBP

Aumento:

Medio

Interpretación:

Satisfactorio. Celularidade escamosa axeitada.

Criterios citomorfolóxicos:

Os campos dunha mostra ThinPrep vistos cun obxectivo de 10x deberían ter polo menos esta cantidade de células para considerar que a mostra é satisfactoria. Vista cun obxectivo de 40x, esta mostra contén aproximadamente 4 células por campo, polo que sumaría en total algo máis de 5000 células. É importante destacar que esta densidade celular sería insatisfactoria nunha citoloxía líquida SurePath, xa que sumaría menos de 5000 células porque o diámetro da preparación é máis pequeno.

Tipo de preparación:

ThinPrep/ LBP

Aumento:

Medio

Interpretación:

Mostra insatisfactoria debido á escaseza de células escamosas.

Criterios citomorfolóxicos:

Obsérvanse células endocervicais dispostas en forma de favo de abellas

Notas aclaratorias: Esta imaxe é representativa dun especimen ThinPrep inadecuado.

As células endocervicais non se contan cando se valora a celularidade escamosa, pero as células escamosas metaplásicas son tidas en conta.

Tipo de preparación:

Convencional

Aumento:

Medio

Historia clínica:

55 muller posmenopáusica con fluxo vaxinal

Interpretación:

Insatisfactoria

Criterios citomorfolóxicos:

Células epiteliais cubertas por leucocitos. Se están cubertas o 50%-75% das células epiteliais, é preciso consignar a presencia de inflamación na sección de indicacións de calidade do informe (se as células están cubertas en máis do 75% considérase insatisfactorio se non se identifican células anómalas). Ao avaliar a calidade dun estendido en canto aos factores que dificultan o exame e a celularidade, é preciso contemplar que os criterios de celularidade mínima son aplicables ás células ben conservadas.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (71 Kb)
Leer 26 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com