Enseñanza-aprendizaje
Enviado por M 0913 • 21 de Enero de 2022 • Trabajo • 925 Palabras (4 Páginas) • 72 Visitas
Enseñanza remota[pic 1]
Tecnología Educativa 2019-2020
3 º tarefa: (4 ao 17 de maio). María Jiménez Quirós.
Actualmente o concepto de ensinanza-aprendizaxe enténdese como innovación e permanencia ao longo de toda a vida, dous factores que están altamente vinculados á competencia dixital e incorporación das novas tecnoloxías. Así, requírese un currículo que se transforme para facer fronte a actuacións e practicas educativas efectivas dentro desta nova realidade. Tanto docentes como alumnado deben prepararse de forma critica e responsable ante a expansión da comunicación e a información dunha sociedade globalizada. Por elo é lóxico pensar que ante necesidades tan inmediatas e presentes deben existir plans de formación apropiados que respondan a estas demandas.
a. ¿Qué relación encuentras entre las políticas públicas de integración de tecnología en las instituciones educativas y las propuestas de formación del profesorado?
Dende as administracións presentáronse ao longo da década distintas propostas de integración das tecnoloxías nas institucións educativas.
En Galicia mediante a publicación do Decreto 74/2011 regúlase a formación permanente do profesorado, considerando necesario modificala en base as introducións de novos proxectos como o Abalar
Cal é a realidade?
Tal e como se indica no documento, no decreto non se fai referencia a como se detectan as necesidades, polo que leva a pensar que os cambios esixidos non contan cunha detección real das demandas da propia escola e os seus docentes.
Seguindo con isto, créase o CAFI, o organismo central encargado da oferta e formación continua do profesorado galego, que elabora os plans anuais e serve como referente da investigación, innovación e formación a distancia, concedendo ademais un papel relevante as TIC cun departamento propio
Cal é a realidade?
A pesar da creación deste centro, non se materializan cambios nas estratexias formativas, ofertando as mesmas modalidades de formación nos últimos anos e sendo os cursos curtos a estratexia dominante.
Os PFPP (Planes Anuales de Formación Permanente del Profesorado) adquiren un papel relevante na integración das TIC coa proposta de cursos de distintas modalidades e accións formativas.
Cal é a realidade?
Existe a preocupación de que estes esforzos non sexan de todo efectivos, debido a relación negativa entre as inversións realizadas e os resultados obtidos.
Itinerario TIC: é unha proposta que forma parte dos PFPP, co obxectivo de cubrir as necesidades formativas do profesorado en TIC e mellorar a calidade da ensinanza.
Os cursos do itinerario tic contan con distintos niveis de contidos: “el desarrollo de competencias en el uso de los dispositivos, el tratamiento de la información y la comunicación, la gestión de entornos de aprendizaje, uso seguro de las TIC, su empleo en tareas administrativo-docentes, actitud ética y conocimiento de técnicas e implicaciones del uso de las TIC en educación” (Alonso-Ferreiro y Gewerc, 2017).
Cal é a realidade?
Os 5 niveis comezan polo manexo de software e dispositivos, considerando un erro antepoñer isto á reflexión sobre a relevancia educativa e social das TIC, de forma xeral predomina unha perspectiva técnica e instrumental con escasa formación en pensamento crítico, emocional e sociocultural. Asemade, deixa de lado a aplicación das tecnoloxías en contextos reais e mediante estratexias pedagóxicas
b. Qué conclusiones sacas sobre las propuestas de formación del profesorado después de la lectura de estos textos.
...