ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Celso Emilio Ferreiro


Enviado por   •  30 de Mayo de 2012  •  722 Palabras (3 Páginas)  •  670 Visitas

Página 1 de 3

Celso Emilio Ferreiro Míguez:

Nado en Celanova o 6 de xaneiro de 1912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.[1]

Celso Emilio Ferreiro consagra a recuperación do realismo social na poesía galega.Esta vertente social da súa obra garda estreita relación cos poetasespañois dos anos 50 (Blas de Otero, Gabriel Celaya, José Hierro), integrantes da expansión da poesía social acontecida en todo o territorio estatal por aquela altura, cos que comparte visións ideolóxicas, mecanismos de expresión e, mesmo nalgúns casos, relacións de amizade, como ocorre con Gabriel Celaya, a quen dedica un poema en Longa noite de pedra.

Seguindo a Ramiro Fonte ,pódense albiscar tres vertentes na poesía do celanovés.

É, como vimos insistindo, a principal. Do mesmo xeito que os poetas en lingua castelá antes citados, Ferreiro tenta abrirlle os ollos á cidadanía das contradicións que padecen, enmarcándoa no contexto sociopolítico do momento e exercendo de poeta opositor ao réxime franquista. As referencias á guerra civil e á represión posterior, a solidariedade co proletariado e a vontade de loita son temas frecuentes nas súas composicións.

Pero hai nesta dirección social outro tipo de temática que non existe nos seus colegas peninsulares, un tema de Galiza que, sendo de xestación independente, ben pode contrapoñerse ao famoso tema de Españados poetas sociais en castelán e que, ademais, enlaza coa dirección crítica da poesía galega anterior de autores como Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Ramón Cabanillas. Trátase da defensa da identidade e da lingua galegas, que alcanza o seu punto culminante no poema Deitado frente ao mar publicado en Longa noite de pedra.

Tivo de duas vertentes que o inspiraron:

Intimista e Satírica.

Intimista: A soedade do individuo perante o devalar da historia, en clara conexión co pesimismo existencialista, así como a nostalxia da infancia e da propia patria evocada desde Venezuela, son temas frecuentes na líricamáis íntima de Ferreiro. Mención especial merecen os seus poemas de amor, dirixidos a un ti apelativo, cómplice e persoal.

Satírica: Fronte ao neotrobadorismo paisaxista a súa poesía ten moito de continuación do xénero burlesco das cantigas de escarnio e maldizer. A sátira ferreirá ten ampla representación en Viaxe ao país dos ananos, onde ridiculiza a certos sectores da emigración venezolana aos que xulgou como desertores da propia patria, desleigados e medradores.

Celso Emilio Ferreiro é o único poeta galego que define xa na década dos cincuenta unha poética social ou comprometida,

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (5 Kb)
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com